luns, 11 de decembro de 2017

Publícase a resolución do Fondo de Acción Social 2016

Malia cambiar as circunstancias económicas, a Xunta mantén este recorte desde 2012.


No DOG do 11/12/2017 publícase a resolución e distribución final da concesión das axudas do Fondo de Acción Social do exercicio económico do ano 2016: axuda para a atención de persoas con discapacidade

As listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas pode consultarse na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución.

A axuda para atención de persoas con discapacidade é a única liña que quedou do Fondo de Acción Social desde o recorte da Lei de Medidas do 2012, que ía ser temporal e acabou implantándose plenamente. Recordamos que estas medidas ían levantarse cando se recuperasen os datos macroeconómicos. Desde a CIG demandamos a recuperación do Fondo de Acción Social tal e como tiñamos no 2011.

Ningún comentario:

Publicar un comentario