mércores, 27 de decembro de 2017

Resumo do Consello reitor da EGAP do 27/12/2017

Reunión de trámite con lectura e aprobación da acta anterior, informe de fin de ano e estado de execución de orzamentos actuais coa proposta de formación para 2018 na que a directora da EGAP destaca a aposta pola teleformación e autoformación e anuncia como novidade unha convocatoria extraordinaria daqueles cursos que rexistren máis solicitudes.

Na súa rolda de intervencións, a CIG fai crítica dos escasos datos proporcionados pola EGAP, o plan de autoformación, a infrautilización dos sistemas de videoconferencia, a falta de accesibilidade nas aulas das xefaturas territoriais ou a discriminación do persoal do subgrupo C1 ou grupo III no curso superior de administración electrónica.



Escasos datos proporcionados pola EGAP


Para poder valorar de maneira axeitada, as actividades desenvolvidas necesitamos datos desagregados. O ideal sería que para cada actividade formativa se nos proporcionara o número de prazas, o número de solicitantes, o número de seleccionados, e o número de persoas que superaron a actividade (APTOS). Preguntamos a directora se é que hai tanta demanda de formación porque de 32.548 prazas en cursos despois só se forma a 10.987 persoas. Resposta que a xente fórmase pero que ninguén os obriga a ir aos exames para obter o certificado... ¿?

Análise da CIG


Xa que a EGAP non proporcionou esta información, tivemos que facer un proceso de “Minería de datos” cos datos dispoñibles na súa páxina web.

Se observamos o plan de autoformación, na páxina 14 do informe da directora indica que se ofertaron 8.400 prazas e se rexistraron 16.649 solicitudes. A realidade é que moitas destas edicións foron canceladas pola baixo número de solicitudes de participación. Fixemos un traballo de recopilación de todas as listas de seleccionados e datos dos cursos, información oficial dispoñible de maneira pública na páxina web da EGAP. O resultado é que das 8.400 prazas para probas de autoformación só 2.606 foron “ocupadas”. 

Mostramos as fichas coas listas de admitidos de algunhas actividades: por exemplo a AF17042-T01 con só 4 admitidos dun total de 100 prazas dispoñibles... ou edicións que directamente foron canceladas... A directora insiste en que a EGAP oferta a formación, despois xa é cousa de cada un se quere ir aos exames... E así pasa en moitas outras actividades ofertadas a administración local, etc. Agora se entende que de 32.548 prazas só se formen 10.987 persoas...
 
Entre as causas de esta “desfeita” está que os exames de autoformación só se facían na sede da EGAP en Santiago. Cando fai uns anos preguntamos o motivo de que os exames só fosen en Santiago, a resposta foi para evitar o problema que suporía o hipotético caso de que foran seleccionados 100 persoas da mesma provincia… Esta situación supuña unha discriminación para o persoal de “provincias”.
 
Felicitamos a EGAP porque despois de varios anos entra en razón e a vai ter en conta as nosas peticións: descentralización dos exames de Autoformación e do Plan Ofimático.
 

Formación por videoconferencia


A Xunta de Galiza conta desde fai uns anos cun sistema de videoconferencia de moita calidade (e que custou bastante), empregado para moitos propósitos (declaracións de menores nos xulgados, reunións e incluso cursos formativos). É un sistema que xa está probado e funcionando. Pedimos que para todos os cursos, xornadas e actividades da EGAP que só teñen edición presencial en Santiago de Compostela se permita asistencia usando o sistema de videoconferencia desde as distintas delegacións territoriais da Xunta. A directora responde que está de acordo e toma nota.

Accesibilidade das aulas das delegacións territoriais


Pedimos a EGAP que solicite a Xunta que revise a accesibilidade das aulas das delegacións territoriais da Xunta. Nalgunhas non se está a cumprir o disposto no Real Decreto lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o “Texto Refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social” establece no seu artigo 22 que:

Os poderes públicos adoptarán as medidas pertinentes para asegurar a accesibilidade universal, en igualdade de condicións coas demais persoas, nas contornas, procesos, bens, produtos e servizos, o transporte, a información e as comunicacións, incluídos os sistemas e as tecnoloxías da información e as comunicacións, así como os medios de comunicación social e noutros servizos e instalacións abertos ao público ou de uso público. 

Este RD establece como límite temporal para facer as adaptacións necesarias o 4 de decembro de 2017. Toma nota...

Curso superior de administración electrónica


Advertimos que para o ano 2018 volven programar o Curso superior de administración electrónica. Esperamos que desta vez non volvan a discriminar ao persoal do C1 e grupo III, ao pedirlle estar en posesión de titulación de FPII da rama de informática (que pasa cos Enxeñeiros e Licenciados en Informática) e non pedirlle nada aos dos A1 e A2. (mostramos a directora a súa resposta de data 22 setembro de 2015): “...para anos sucesivos valoraremos a proposta que ese sindicato fai, ampliando ao subgrupo C1 sen distinción...” Toma nota...
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario