O punto central da orde do día foi a presentación e debate da programación das actividades preventivas da Xunta de Galiza para 2018: avaliación de riscos, vixilancia da saúde e formación.
En varios a CIG solicita a revisión e mellora do seguro de accidentes das empregadas e empregados públicos.
Avaliación de Riscos
A administración engade á programación do 2018 que dende Servicios Centrais se fará a avaliación das tarefas de campo da Consellería de Industria e Minas.
A CIG pide que se avalien tamén os riscos psicosociais das tarefas de campo (traballo en solitario, traballo en quendas, nocturno…) das consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, dado a alta incidencia nestas consellerías.
Solicitamos tamén que se incluan as OAC de A Gudiña, DF XIV e DA XIV, por cambio de localización, dende o servicio contestan que farán unha visita previa o traslado de persoal e que cando se efectúe o traslado farán unha avaliación inicial.
Vixilancia da Saúde
Publicouse no DOG a contratación para o novo periodo do Servizo Alleo de Prevención.
A CIG solicita que se revisen os protocolos específicos de vixialancia da saúde , e se nos remita para a próxima reunión os protocolos por posto e os criterios de aplicación.
Pedimos tamén que se solvente para a zona da Mariña a deslocalización dos recoñecementos médicos, e se centralicen en un único lugar.
Presentamos queixa polas revisión xinecolóxicas con carácter xeral, e polos retrasos que presentan na erntrega de resultados. Darán traslado a MUGATRA (agora QUALTIS).
Presentamos queixa polas revisión xinecolóxicas con carácter xeral, e polos retrasos que presentan na erntrega de resultados. Darán traslado a MUGATRA (agora QUALTIS).
Formación
Pedimos que se facilite formación específica en prevención de riscos a tódolos traballadores, en especial os colectivos pertencentes as Consellerías de Medio Rural e Política Social que teñen un maior índice de accidentes.
Varios
A CIG solicita que se proceda a revisión e millora do seguro de accidentes dos empregados públicos, para que incluan os daños materiais persoais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario