martes, 20 de febreiro de 2018

A EGAP convoca 42 cursos en materia de idiomas

A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 20 de febreiro 42 actividades de formación continua en materia de idiomas e 1620 prazas, con cursos específicos de lingua inglesa, francesa, alemá, portugesa e de signos.  

Persoas destinatarias: o persoal ao servizo da Administración autonómica, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia e da administración e servizos (PAS) das tres univesridades galegas.

Matrícula: desde as 8 horas do 21 de febreiro ata as 23.55 horas do 2 de marzo na zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.gal/matricula). O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a tres.


Dentro do prazo de presentación de solicitudes os empregados públicos pertencentes a entidades, organismos ou institucións públicas, cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral da Función Pública, deberán enviar a xestion.egap@xunta.gal un certificado expedido polo órgano responsable de persoal no que se indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.

Probas de nivel: no caso das actividades en teleformación, durante o prazo de presentación de solicitudes todo o persoal que desexe solicitar algún dos niveis das actividades de lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa impartidas terá dispoñible unha proba de nivel orientativa en http://egap.xunta.gal/aulavirtual

Máis información e listaxe de cursos no DOG do 20 de febreiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario