martes, 20 de febreiro de 2018

Planificación da reforma do edificio administrativo de San Caetano

A Unión Europea ten posto en marcha un progama de apoio á eficiencia enerxética en edificios; a este programa subvencionado en parte por fondos comunitarios sumouse a Xunta de Galicia para fornecer a envolvente térmica dos edificios máis antigos do complexo de San Caetano e amáis desenvolver un plan de aforro enerxético na iluminación do edificio.

Así en Novembro do ano pasado aprobouse o proxecto de obra realizado por Ela Enxeñeria cun orzamento de algo máis de 6.000.000 de euros e que será en breve licitada a obra .

Todo o proxecto se pode ver no  seguinte enlace de contratos de galicia https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=219204.

Dende da Xunta de Personal e unha vez coñecida a intención da Xunta de reformar o edificio solicitamos xa a mediados do ano pasado unha reunión para coñecer os pormenores da obra e esta reunión tivo lugar o pasado venres 16 de febreiro, onde nos fixeron unha presentación concreta das actuacións a desenvolver.

As actuacións, explicadas polos arquitectos Victor Vázquez e Fátima Pombo, facían referencia a actuacións nos edificios antigos, aqueles que xa formaban parte basicamente do edificio de principios de século XX e que están afectados polo PXOM compostelano e ademáis gozan de protección patrimonial; en concreto váise actuar en todo o edificio frontal (Educación, Presidencia, Cultura), o edificio de Medio Rural e o Palacete (Amtega, Avaliación Administrativa).

Os traballos van constar en tres grandes eixos:
  • Mellora da cuberta nestas tres áreas, con cambio das tellas (sustitución da tella plana, por tella curva galega), aillamento do tellado e mesmo unha pequena elevación do mesmo. Nesta fase tamén se vai intervir nos lucernarios de Presidencia e de Medio Rural coa sustitución dos mesmos, e amáis en Presidencia vanse cambiar as dúas máquinas de climatización antigas por outras novas. (aproveitase o levantamento do lucernario para sacalas).
  • Arranxo das fachadas destas tres áreas con limpeza das zonas de pedra e aillamento das zonas de morteiro cun sistema de malla (SATE).  Tamén se vai cambiar todas as fiestras, que actualmente son de aluminio, por novas de madeira (castiñeiro) con  cristal con rotura de ponte térmico. As ventas dos sotos terán todas apertura automatizada e as portas serán tamén sustituidas por outras metálicas lacadas.
  • Sustitución de todas as lámparas e puntos de luz por luminarias novas con LED, asimismo nas zonas públicas o acendido será automático por sensores.

A licitación vaise producir en breve e contan que as obras comezen en Abril. O prazo de execución será de 10 meses e aseguran que a maioría do traballo farase de tarde para non interferir no traballo administrativo.

Con todo esto tense previsto un aforro de 1,500,000 Kw/h/ano que xa por sí xustifica o custo da obra.

Certas dúbidas nos da o emprego da madeira nas ventás, que aínda que a nivel patrimonial e de material é acaido, non sabemos se a nivel efectivo (mantemento, oscilación térmica) será moi viable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario