Calquera outra empresa de tamaño menor que a Xunta dispón de Fondos de Accións Social que cubren moitas máis continxencias do seu persoal que a atención a familiares con discapacidades. O persoal funcionario doutras Administracións e doutros réximes distintos ao réxime xeral da Seguridade Social conservan unha acción social moito mellor ca do persoal da Xunta. E seguimos cos agravios comparativos. Este fondo fica recortado na Xunta desde o 2012 coa implantación da Lei de medidas "temporal".
O martes 20 de marzo asistimos á misa de doce de todos os anos entre sindicatos e Administración para tratar os criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o 2017 que, un ano máis, queda reducido únicamente á axuda para atención de persoas con discapacidade. Na xuntanza a CIG manifestou:
- Recuperar todalas axudas que tiñamos previas á Lei de medidas temporais de 2012 e aumentalas progresivamente.
- Incrementar o fondo ata chegar ao 1% da masa salarial, tal e como tiñamos marcado como obxectivo antes dos recortes.
- Que en todas as axudas se teña en conta o nivel de renda das familias.
- Os documentos que se repitan a partir da primeira vez que xa non se teñan que presentar.
- Os informes da Seguridade Social que os solicite a Administración Autonómica ao INSS.
Os representantes da Administración limitáronse a tirar balóns fora, tentando acurtar a reunión, derivando á negociación dos orzamentos da Comunidade Autónoma pois a dita reunión "non era o foro adecuado" para discutir a recuperación do FAS (!?). Pois que fagan o favor de llo transmitiren ao seu xefe, que outras Administracións públicas conservan unha acción social decente para o seu persoal e parece que ao PP o único agravio comparativo que lle preocupa é o da Policía e a Garda Civil para quenes sacan da chistera, sen despeiteárense, máis de 1000 millóns de euros.
Sobre o tema dos certificados da Seguridade Social que van mirar si é posible que a Xunta teña acceso a eses datos. Sobre as retencións do IRPF din que é o Ministerio de Facenda quen as impón, limitándose as Consellarías a aplicalo. E sobre o remanente di que xa non é necesario pois non hai ningún contencioso pendente. Sobre a publicación di que irá a un vindeiro Consello da Xunta e logo se publicará no DOG, por mediados do mes de abril do 2018.
Resumo desta reunión: o FAS fica reducido, un ano máis, a unha única axuda e a Administración non ten intención, polo menos de momento, de aumentalo. E iso que di Feijóo que “a crisi é historia"
Resumo desta reunión: o FAS fica reducido, un ano máis, a unha única axuda e a Administración non ten intención, polo menos de momento, de aumentalo. E iso que di Feijóo que “a crisi é historia"
Ningún comentario:
Publicar un comentario