A dita sentenza foi ditada a raíz da demanda interposta polo sindicato CGT no ámbito estatal contra a Asociación de Contact Center. Descargar a sentenza
A Sala do Social do Tribunal Supremo vén de emitir nunha sentenza en relación cos permisos retribuidos por matrimonio, nacemento dun fillo/a e falecemento dun familiar na que establece que "[..] os permisos concédense para o seu goce en días laborables, pois en días festivos non é preciso pedilos porque non se traballa [..]", e por tanto, "o día inicial para o goce dos permisos [..] cando o feito causante se produza en día feriado, debe ser o primeiro día laborable que lle siga".
A CIG está convencida, e exemplos previos houbo moitos, de que se estivésemos díante dun recorte de dereitos das empregadas públicas, a Xunta actuaría coa súa habitual dilixencia e celeridade en aplicar o recorte, maís desta vez estamos diante dunha "pequena" conquista laboral en vía xudicial, polo que a CIG vén de dirixir un escrito a Función Pública para que proceda á adaptación de dita xurisprudencia á normativa galega.
Consonte ao regulamento propio do persoal pùblico galego, esta xurisprudencia non afectaría ao permiso por falecemento/enfermidade de familiar pois desde 2016 (e só desde 2016) é contado por días laborábeis. Outra cousa é o permiso por matrimonio/parella de feito que aquí si ten unha regulamentación idéntica ao ámbito laboral, sendo 15 días naturais. Entendos que si debera ter en conta a dita xurisprudencia e comezar a contar os días do permiso o primeiro día laborábel da traballadora ou traballador.
Por último, temos una situación mixta no caso do permiso por nacemento xa que no eido do persoal público este permiso está integrado co permiso de paternidade ou da outra persoa proxenitora que paga integramente o INSS e non a empresa (a Xunta neste caso). O fondo do argumentario legal sería igualmente aplicable e habería que iniciar o permiso o primeiro día laboráble para a persoa traballadora, porén aquí xa está inmiscuída outro tipo de lexislación e podería ser necesario realizar máis cambios que un simple cambio de criterio ou engadido nas actuais intrucións de permisos, vacacións e licenzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario