No DOG do 4 de abril convócase o plan de autoformación para todo o persoal das diferentes Administracións públicas do noso país.
Ademais de continuar realizando unha oferta formativa conxunta para todos os colectivos de empregados públicos, este ano descentralízanse as probas de avaliación das actividades deste programa. Consulta na convocatoria se algunha das 42 temáticas se adapta aos teus interses ou necesidades.
No programa de autoformación hai acceso permanente a contidos máis non hai a figura da persoa titora. Por un lado está a inscrición no acceso aos contidos (até o 20 de decembro) e por outra a inscrición nas probas de avaliación (até o 16 de abril), as cales son independentes e non vinculantes.
Acceso aos contidos
Matrícula: en calquera momento desde o 5 de abril ata o 20 de decembro en https://egap.xunta.gal/matricula O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.
Probas de avaliación
Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocads e conseguir un certificado de equivalencia. Matrícula: desde as 8 horas do 5 de abril ata as 23.55 horas do 16 de abril en https://egap.xunta.gal/matricula

Ningún comentario:
Publicar un comentario