luns, 23 de abril de 2018

Convocatoria extraordinaria de formación continua da EGAP

O prazo para as solicitudes remata o 3 de maio


A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 23 de abril un total de 108 edicións formativas que inclúe aqueles cursos que contaron cunha maior demanda durante este ano e tamén cursos específicos en materia de administración electrónica e seguridade.

Estas actividades van dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Ademais, ofértanse actividades formativas a empregadas e empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas cando así se establece na epígrafe "destinatario".

Matrícula: desde as 8 horas do 24 de abril ata as 23.55 horas do 3 de maio en http://egap.xunta.gal/matricula 

Número máximo de solicitudes: cinco por persoa

Máis información: DOG do 23 de abril

Ningún comentario:

Publicar un comentario