mércores, 16 de maio de 2018

Listaxe provisional de admisión na escola infantil de Vite para fillas e fillos do persoal dos SSCC da Xunta

O pasado 15 de maio reuniuse a comisión de avaliación das solicitudes recibidas para a Escola Infantil de Vite, de conformidade coa RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2018 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2018/19. (DOG 13/04/2018).

Tal e como establece o artigo 10 da dita resolución, a Xunta de Persoal estivo representada nesta comisión. De Servizos Centrais houbo tan só 14 solicitudes e as 14 se aceptaron. Como curiosidade, non houbo nengunha solitide de 0-1 ano, tamén decir que hai 10 nenas e 4 nenos. En reserva para Servizos Centrais quedan para o grupo de 0-1 tres prazas. Para o grupo de 1-2 unha praza e para o grupo de 2-3 unha praza.


As relacións provisionais de persoas admitidas e a lista de espera coa puntuación obtida por cada solicitante poderanse consultar nos servizos centrais da Consellería de Política Social e da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como na páxina web: http://politicasocial.xunta.gal e propio centro da E.I. Vite.



Ningún comentario:

Publicar un comentario