No caso que vos imos contar a continuación hai persoal da Xunta que tamén está afectado. Até o de agora, obrigou a moita xente, maioritariamente de Ensino a acudir á Xustiza a recuperar os cartos. Despois de instar en varias ocasións a cumprir a legalidade, a Xunta segue a marear a perdiz. O tema é moi parecido ao da paga extra do 2013 en tanto en canto obrigou a unhas cantas persoas valientes a empapelar os xulgados para que ao final cobrara todo o mundo...
Ás compañeiras e compañeiros de MUFACE, cando teñen baixas de longa duración a partir do día 91, MUFACE só lles paga o 75% dos complementos; o soldo base e os trienios tenllos que aboar a Xunta, esto e o que regula a normativa de MUFACE, pero a partir da Lei de Medidas na que di que En ningún caso los funcionarios adscritos a los regímenes especiales de seguridad social gestinados por el mutualismo administrativo pordrán percibir una cantiada inferior en situación de incapacidad temporal por contingencias comunes a la que corresponda a los funcionarios adscritos al régimen general de la seguiridad social, incluidos, en su caso, los complementos que les resulten de aplicación a estos últimos. Con esta lei o conselleiro de Educación fixo unha resolución onde lle recoñecia que o 25% que non lle paga MUFACE o pagaba a Consellaria de Educación.
Pois ben o tema levarono a comisión de Nóminas e dende xaneiro deste ano non se lle paga a nadie este 25% dos complementos. Segundo eles porque estan a espera dun informe da Asesoría Xurídica, que nunca chega, sobre a legalidade deste pago. O que pasa realmente e que non queren pagar e esta dando excusas baratas e incumplindo a lei. Desde a CIG denunciamos a inactividade da Xunta neste tema polo que tamén está afectado persoal da Administración Xeral que vén do Estado e que traballa nas distintas consellarías da Xunta, non só en Educación.
Por último, aproveitamos para denunciar que se sigue descontando parte do soldo cando se esta de baixa laboral, salvo casos taxados, mantendo as leis de medidas do 2012. Hai un acordo asinado en Madrid que fala de quitar os descontos por enfermidade, habida conta que xa non se dan as circusntancias de 2012, porén, non se apuran moito a aplicalo. A maioría de convenios contemplan o 100% do salario en situación de baixa laboral ou como moito o circunscriben ao % total da plantilla de baixa. Na Xunta non, no Estado tampouco, se es traballador ou traballadora pública e tes que coller unha baixa por enfermidade, o desconto está garantido, desde o 1º día e dá igual o número de outros compañeiros e compañeiras de baixa ou as cifras económicas da Administración. Non é unha cuestión económica, é simplemente unha cuestión punitiva. Desde a CIG reclamamos que se elimine xa o desconto por situación de incapacidade temporal implantado desde o 2012.

Ningún comentario:
Publicar un comentario