mércores, 16 de maio de 2018

Resumo da Comisión de Persoal do 15/05/2018: homologación retributiva

Na Comisión de Persoal do 15 de maio tratáronse os seguintes temas: RPT da Consellaría de Economía, Emprego e Industria, condicións laborais do persoal de supervisión e seguimento da Formación Profesional para o Emprego, convocatorias dos procesos selectivos de enxeñaría de montes e enxeñaría técnica forestal e equiparación retributiva do persoal de Administración xeral.



Modificación da RPT da Consellaría de Economía, Emprego e Industria


Nuns días traerán unha modificación da RPT para adaptala ao Plan polo que se establecen as condicións laborais do persoal de supervisión e seguimento da Formación Profesional para o Emprego. Crean o posto de arquivo como laboral (adaptan a sentenza). Non aceptan alegación ao posto de xefatura de estudos Lugo. Non aceptan a alegación de non utilizar denominacións xenéricas nos postos (sección I, sección II, ..). Inclúen na acta desta Comisión de Persoal o compromiso de negociar conversión en estrutural de postos de persoal orientador, etc. de oficinas de emprego, e retribucións de persoas con atención ao público nas oficinas de emprego. Cambian niveis en coordinadores de área (18 a 20) en varias oficinas de emprego.
CIG: en contra. CCOO, CSIF e UGT: abstención

Plan polo que se establecen as condicións laborais do persoal de supervisión e seguimento da Formación Profesional para o Emprego


CIG: en contra. CCOO, CSIF e UGT: a favor.


Convocatoria proceso selectivo da especialidade de enxeñaría de montes


Cambian o número de prazas que van a promoción interna, que pasa a ser do 50%. A pesar diso, continúa a ser proceso mediante oposición, sen fase de concurso.
CIG: en contra. CCOO, CSIF e UGT: abstención


Convocatoria proceso selectivo da especialidade de enxeñaría técnica forestal


Cambian o número de prazas que van a promoción interna, que pasa a ser do 50%. A pesar diso, continúa a ser proceso mediante oposición, sen fase de concurso.
CIG: en contra. CCOO, CSIF e UGT: abstención

Acordo para a contratación temporal de persoal laboral a través das listas de persoal funcionario


CIG, CCOO: a favor. CSIF, UGT: en contra

Varios


Por mor da xuntanza coa mesa sectorial de xustiza, o director dá por rematada a Comisión de Persoal por falta de tempo. Aínda así tivemos ocasión de destacar a vontade de Educación de negociar a homologación retributiva con outras administracións do persoal docente (mais deixan fóra a recuperación de dereitos roubados) e preguntamos ao director xeral cando nos ían convocar do mesmo xeito para negociar co persoal funcionario e laboral dependente de Función Pública. Resposta o director que estaban á espera do que saíse das negociacións en Madrid para tentar chegar a un acordo. A CIG manifesta que eso é insuficiente, que reclamamos ser convocados os sindicatos ou nos autoconvocaremos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario