A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza aprobou por unanimidade das organizacións sindicais presentes na súa Comisión Permanente (voto a favor da CIG, UXT e CCOO) e ausencia do CSIF o seguinte manifesto:
O persoal que desenvolve as súas tarefas como axente medioambiental na Xunta de Galicia está a sufrir unha serie de eivas e carencias no desenvolvemento do seu traballo que se veñen a agravar co intenso traballo das campañas de verán no referente a extinción de lumes.

Despois de varios intentos de negociación infructuosos, e visto o desleixo e prepotencia por parte das persoas representantes negociadores das consellerías do Medio Rural e Medio Ambiente con este colectivo, convocouse unha folga para os días 25 e 26 de xullo que será indefinida a partires do 1 de agosto.
A loita polos dereitos do persoal público é unha loita que nos abrangue a todos e todas independentemente do órgano onde traballemos.
Por iso, esta Xunta de Persoal manifesta o seu total apoio á folga e fai un chamamento ao persoal funcionario dos SSCC da Xunta de Galicia a que apoie na medida das súas posibilidades todas as mobilizacións que leve a cabo dito colectivo.
E así asino e valido o presente comunicado, en Compostela a 12 de xullo de 2018.
O Presidente da Xunta de Persoal,
Antonio Fernández Domínguez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario