venres, 6 de xullo de 2018

Solicitan a revisión dos criterios da Mútua no caso de accidente in itinere

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais presenta un escrito no que solicita a revión dos criteiros da Mútua Gallega no caso de accidente in itineri. Recordamos que na pasada xuntanza do CSSL do mes de xuño a Mútua comunicou os criterios unilateriais que aplica que en moitos casos nin respectan a xurisprudencia actual ante o que a Xunta nin abriu a boca. 

O escrito vai dirixido ao órgano con competencias na materia e pide que se revisen e adapten a xurisprudencia os ditos criterios e senón que se rescate o servizo de xestión de riscos laborais e sexa asumido polos medios propios da Xunta.

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais (SS.CC.) ten coñecemento, segundo cadro que se anexa a este escrito, da consideración por parte da Mutua Gallega (mutualidade que ten concertados os accidentes de traballo e enfermidades profesionais coa Xunta de Galicia) de consideración ou non de accidentes de traballo denominados in itinere, cos que discrepamos abertamente nos siguintes casos:

- Permisos que poden implicar a saída e/ou regreso ó traballo nunha franxa horaria laboral diaria (todos aqueles permisos para o cumprimento de deberes inescuasables de carácter público ou persoal, revisións médicas, asistencia a examens...) eles consideran que non e accidente in itinere, nos consideramos que e accidente laboral, toda a lexislacións así o considera e tamén as distintas sentenzas xudicias.

- Cursos de formación impartidos por a propia administración fora do horario laboral, nos quixeramos que xa foran en horario laboral, pero si o traballador ten que formarse nos cursos que a propia administración faille facer fora do horario laboral, eles consideran que non accidente in itinere nos consideramos si hai un accidente como accidente laboral.

- Posibilidade de asistir ó traballo en horario diferente ó habitual por ter concedida unha modalidade de flexibilidade horaria (automática ou por conciliación) estes accidentes din que quedan a valoración da mutua Gallega, isto xa e o colmo da sinvergonzoneria, o horario de traballo e o que ten concedido o traballador ben por resolución ou si e automático o que lle poña na súa ficha o CRONOS, por o que si o accidente e indo e vindo o lugar de traballo dentro da franxa que teña establecida o traballador e accidente de traballo, así o di toda a lexislación vixente como as distintas sentenzas en este senso.

Tendo en conta os argumentos anteriores exiximos a Vicepresidencia que obligue a Mutua Gallega a cumplir coa legalidade vixente e a modificar o cadro onde regulan este tema, así como cando cumpla o contrato que teñen con esta entidade, xestionen con medios propios o que esta xestionando esta Mutua, ou si non e posible busquen outra Mutua que cumpra a lexislación vixente e acate as sentenzas xudiciais repetitivas como normas básicas no seu cadro de accidentes profesionais.


En Santiago de Compostela a 3 de Xullo de 2018
O Presidente da Xunta de Persoal de SS.CC



Asdo.: Antonio Fernández Domínguez.


Secretaria Xeral de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza. Edificio Administrativo San Caetano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario