venres, 15 de marzo de 2019

A Xunta crea 13 novas prazas por sentenza de cesión ilegal nos Servizos Centrais

Augas de Galiza achéganos unha proposta de modificación da súa RPT basicamente para crear 13 prazas de execución de sentenza por cesión ilegal nos seus Servizos Centrais. 

Aínda recordamos as sucesivas peticións de información sobre sentenzas por cesión ilegal e a maioría das consellarías sen informar ou mesmo algunha, como Medio Ambiente, decindo que non había. A parte da mentira que supón, temos que destacar que ista é a política principal de creación neta de prazas nesta Administración. E é que dos pós da privatización, agora veñen estes lodos dos que coma sempre, non depuran responsabilidades, como esixe a lei desde 2015.

 A nosa proposta
En primiero lugar, debemos descatar que non achegaron as sentenzas pero si unha breve referencia e o primeiro que observamos é que algunhas son posteriores á Lei de Emprego Público de Galiza (LEPG), co que instamos que se abra expediente ás persoas que por neglixencia consentiron esta situación.

Art 28.4. Incorrerán en responsabilidade, nos termos previstos por esta lei, as persoas que coa súa actuación irregular dean lugar á conversión en indefinida dunha relación laboral de carácter temporal ou á adquisición da condición de empregado público por unha persoa que non a teña.


E a maiores disto esiximos, consonte á LEPG, que estes postos que se crean saian na primeira OEP e aí da igual que sexa concurso-oposición ou oposición pura e dura, teñen que ofertarse e que se cubran polo procedemento legal e regulamentariamente previsto. Nada de deixar enquistar o problema, que logo teñen que vir de Europa a tirarlle das orellas ás Administracións públicas do estado español polas altas taxas de temporalidade.

Art 28.2. Os postos de traballo creados en aplicación do previsto neste artigo incluiranse nas correspondentes relacións de postos de traballo como postos de persoal funcionario ou, excepcionalmente, de persoal laboral cando a natureza das súas funcións así o requira, e incorporaranse á oferta de emprego público, a non ser que se dispoña a súa amortización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario