venres, 15 de marzo de 2019

Mesa Xeral 15/03/2019: carreira profesional, funcionarización, procesos selectivos

O venres 15 de marzo houbo Mesa Xeral onde se "negociaron" os seguintes asuntos: carreira profesional, funcionarización e procesos selectivos de Estatística e de Letrados/as. En varios demandamos a bolsa de horas positivas do Kronos dun mes para outro para fomentar a conciliación e a publicación inmediata do Decreto de listas.

PROCEDEMENTO PARA O ACCESO AO RÉXIME EXTRAORDINARIO DO GRAO I DA CARREIRA PROFESIONAL

Traen a xuntanza un novo documento modificado, sen tempo para o seu estudo. SupomoS que xa esta negociado no despacho do director de Función Pública con CCOO e UGT. Aquí establecen o complemento de carreira con relación ao complemento de destino, amplían prazos de presentación de solicitude e se afinan os subterfuxios e condicionados de acceso do persoal laboral fixo á carreira profesional.
A CIG reitera as alegacións presentadas na procura dunha carreira profesional mais xusta, para todo o persoal e solicitamos a súa renegociación. O director xeral de Función Pública respostou só as seguintes alegacións da CIG:
  • O prazo de 6 meses faiselles moi longo.
  • O persoal laboral non integrado no V Convenio non cobrará a carreira profesional e o persoal do Consorcio tamén queda fóra.
  • As sentenzas do Tribunal Supremo non teñen incidencia no Acordo galego. (ver primeira e segunda labazada xudicial á carreira profesional)
  • Non quixeron entrar nas particularidades e diferentes casuísticas da aplicación da orde ao persoal laboral.
Borrador da Orde coas modificacións incorporadas na Mesa Xeral: descargar.

CRITERIOS XERAIS DOS PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL LABORAL FIXO

Función Pública trae a mesa xeral unhas “notas para os procesos selectivos da funcionarizacion” sen antes facer un estudo e negociación real do que vai supor e onde vai ir o persoal laboral fixo que se funcionarice. Reiteramos a necesidade de comezar por unha calendario secuenciado de accións para o que fixemos achegas nese sentido e opuxémonos de novo a esta funcionarización sen garantías.

Propostas da CIG para solucionar este disparate:
  • Trasposición dos dereitos recollidos no V convenio.
  • Concurso de traslados do persoal laboral e funcionario previos aos procesos funcionarización.
  • Creación de escalas de persoal funcionario en base as titulacións requiridas para o acceso da categoría laboral. De ser o caso de convivir varias titulacións de esixencia pola evolución da categoría ou equivalencias curriculares deben desenvolverse escalas en ambos grupos/subgrupos que eviten o illamento do persoal que non ten a titulación mais alta.
  • Acordo de condicións de traballo negociadas de carácter xeral en base as funcións e pluses do persoal, no que se recollan ao menos os dereitos do V convenio.
  • Para evitar discriminacións salariais propomos igualar os trienios mínimos do persoal funcionario aos do persoal laboral e traspor os pluses laborais a complemento específico e níveis.
  • A carreira profesional non pode servir de coacción para a funcionarización, debe entrar todo o persoal sen condicions.
  • Garantir a xubilación parcial para todo o persoal para que o persoal que esta nesta situacion poda funcionarizarse se quere. Ampliar este dereito ao persoal funcionario.
Xunta, CCOO e UGT nun claro compadreo e defensa do seu Acordo de Concertación, non recollen ningunha das achegas que lles fixemos.
Esta claro que queren seguir adiante a toda marcha con esta desfeita aínda que haxa xente agraviada, aínda que quede xente illada e prexudicada polo camiño. Insúltannos na propia mesa xa que se sinten apretados polo persoal que nin é tonto nin se deixa manipular. CCOO chega a negar a posibilidade do concurso ao persoal laboral e suplica agora por un concurso previo á funcionarizacion para o persoal funcionario.

Borrador dos criterios xerais para a funcionarización do persoal laboral fixo: descargar.

PROCESOS SELECTIVOS PARA O INGRESO NA ESCALA SUPERIOR DE ESTATÍSTICA, TÉCNICA DE ESTATÍSTICA, E LETRADOS

Denunciamos a falta de negociación previa das bases dos procesos selectivos que viñeron a esta mesa xeral. As alegacións da CIG a estes proceso selectivos non foron atendidas, en continuidade co desprezo á negociación colectiva que se esta a instaurar na Xunta de Galiza.


VARIOS
  • Esiximos a urxente publicación da modificación do decreto de listas. Respostan que aínda esta en revisión xurídica.
  • Reiteramos a necesidade da convocatoria das comisións de seguimento acordo técnicos/as SPDCIF, persoal veterinario e axentes ambientais. 
  • Bolsa de horas positivas por conciliación: solicitamos a súa habilitación inmediata (mantemos a súa extensión a todo o persoal).
  • Volveuse denunciar a non cobertura de postos na oficina de emprego de Cambados.
  • Preguntouse polo ruxe-ruxe da posible eliminación dos comedores escolares de menos de 250 comensais, Función Púbica di non saber nada e daralle traslado a Educación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario