Este ano tocan eleccións para elixir representantes do persoal funcionario; en servizos centrais imos votar o vindeiro 11 de abril.
Estes días notarás un incremento notable de actividade sindical
pero a CIG segue ao seu ritmo. Nos facemos o mesmo traballo día a
día; non queremos gañarnos o voto nun mes senón en catro
anos. Sempre somos fieis aos nosos ideais: ser transparentes e explicar o noso traballo, e así nos vindeiros días
delegadas e delegados da CIG van a pasar, como coma no resto de ocasións, polo teu centro
informándoche do que fixemos estes catro anos para que cada un
decida o sentido do seu voto.
Asimesmo vos explicaremos as nosas propostas para o futuro e o que opinamos dos problemas xerais que temos enriba: carreira profesional, funcionarización, estabilización, concursos, etc. Tamén vos daremos datos
(aínda provisionais) dos lugares de voto e unidades que votan en
cada Mesa.
Comeza, logo un novo ciclo,
onde case 3.000 funcionario e funcionarias imos decidir as 25 persoas que nos van a representar na
Xunta de Persoal de Servizos Centrais. A CIG sempre foi o sindicato que concita o voto maioritario e esperamos seguir contando coa vosa confianza para
continuar traballando pola dignidade do persoal funcionario.
Nesta lexislatura que remata
a CIG foi o sindicato que levou adiante a inmensa maioría das
accións da Xunta de Persoal e da nosa actividade teredes cumprida información no Boletín que imos publicar.
VOTA CIG PORQUE A CIG
TRABALLA POR TI!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario