Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 27 de marzo de 2019

Comeza a campaña eleitoral: na CIG seguimos traballando

Este ano tocan eleccións para elixir representantes do persoal funcionario; en servizos centrais imos votar o vindeiro 11 de abril.

Estes días notarás un incremento notable de actividade sindical pero a CIG segue ao seu ritmo. Nos facemos o mesmo traballo día a día; non queremos gañarnos o voto nun mes senón en catro anos. Sempre somos fieis aos nosos ideais: ser transparentes e  explicar o noso traballo, e así nos vindeiros días delegadas e delegados da CIG van a pasar, como coma no resto de ocasións, polo teu centro informándoche do que fixemos estes catro anos para que cada un decida o sentido do seu voto.

Asimesmo vos explicaremos as nosas propostas para o futuro e o que opinamos dos problemas xerais que temos enriba: carreira profesional, funcionarización, estabilización, concursos, etc. Tamén vos daremos datos (aínda provisionais) dos lugares de voto e unidades que votan en cada Mesa.
Comeza, logo un novo ciclo, onde case 3.000 funcionario e funcionarias imos decidir as 25 persoas que nos van a representar na Xunta de Persoal de Servizos Centrais. A CIG sempre foi o sindicato que concita o voto maioritario e esperamos seguir contando coa vosa confianza para continuar traballando pola dignidade do persoal funcionario.
Nesta lexislatura que remata a CIG foi o sindicato que levou adiante a inmensa maioría das accións da Xunta de Persoal e da nosa actividade teredes cumprida información no Boletín que imos publicar.

        VOTA CIG PORQUE A CIG TRABALLA POR TI!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario