luns, 4 de marzo de 2019

Mesa Xeral Extraordinaria 01/03/2019: procesos selectivos, carreira profesional e outros asuntos

Todo vai ir moi rápido, asegura o director
da Función Pública
O venres, 1 de marzo, tivo lugar unha mesa xeral extraordinaria para "negociar" as bases dos procesos selectivos de persoal funcionario subalterno e de persoal laboral ordenanza. Estas convocatorias aglutinas varios proceso (estabilización, consolidación e libre). 

En varios tamén se deu información da carreira profesional e outros asuntos como o horario reducido de Entroido.

Proceso selectivo persoal subalterno


  • Este proceso selectivo mistura prazas de acceso libre, de estabilización e de consolidación. CIG manifesta:
    • Que os procesos de estabilización e consolidación deberan ir nunha convocatoria separada da de acceso libre.
    • Que en aplicación do disposto na disposición transitoria cuarta do EBEP, debera valorarse a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria.
    • O número de preguntas e o temario desta proposta son moi superiores ás do proceso de consolidación do ano 2008.
    • A EGAP debe elaborar os temarios.
O director xeral da Función Pública di que valorarán a redución de preguntas e do temario xeral e valorarán cambios na puntuación da fase de concurso.

Proceso selectivo persoal ordenanza
  • Este proceso selectivo é de prazas da segunda parte da consolidación do V Convenio.
  • CIG manifesta :
    • Que son as mesmas bases que as do proceso de subalternos.
    • Que se está a incumplir o acordo de ordenación do emprego do ano 2008 no referente á simplificación e redución de probas e temarios así como o disposto na transitoria cuarta do EBEP.
    • Que en aplicación do disposto no acordo de ordenación do emprego de 2008, no ano 2011, co goberno do PP, a EGAP publicou un temario para a consolidación de ordenanzas máis reducido que o da proposta actual.
    • Insistimos en que a EGAP debe elaborar os temarios.

O director xeral da Función Públicadi que valorarán unha redución de preguntas e do temario da parte xeral e valorarán cambios na puntuación da fase de concurso.

Outros asuntos


  • O director xeral da Función Pública informa do horario de Entroido. Será como en anos anteriores. O martes 5 sairase ás 14:00 horas e o mércores 6 entrarase ás 9:00 horas. Publicarano na web de Función Pública.

  • Enviarán unha proposta de equivalencias de categorías de persoal laboral a corpos/escalas de persoal funcionario. Na semana que vén haberá unha xuntanza. Contemplan a creación dalgunha nova escala. Pretenden deixalo rematado en marzo. Descargar.

  • Enviarán o borrador de decreto de funcionarización a mediados da semana que vén.
  • O martes 5 remitirán a Orde que regulamenta o procedemento extraordinario de acceso ao grado I da carreira profesional para persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo que se comprometa a funcionarizarse. Na semana do 11 de marzo pretenden levalo a Mesa Xeeral e Comisión de Persoal. Sen ser datos pechados, di o DXFP que máis do 95 % do persoal funcionario e máis do 60 % do persoal laboral fixos cumpren os requisitos. O cumprimento dos requisitos serán comunicados ás traballadoras e traballadores para a súa validación a través do Portax. Aclara FP que o persoal laboral que non se funcionarize porque a administración non o contempla, cobrará un complemento equivalente ao importe da carreira profesional. O director xeral manifesta que o persoal laboral que supere o proceso de funcionarización consolidará os importes da carreira profesional e o que non o supere non os consolidará. 
     
  • CIG volve preguntar polas preguntas da promoción interna de camareiras/limpadoras sacadas do temario dunha academia de oposicións. O director xeral dá a entender que non é un proceder correcto por parte do tribunal, pero remítenos aos resultados para falar...

  • Proceso selectivo persoal biologo de 2014: CIG denuncia a tardanza na resolución deste proceso. FP di que na semana que vén enviarán ás OOSS a proposta de prazas para elección de destino.

  • Aplicación do V Convenio ao persoal laboral indefinido da Fundación Cidade da Cultura: o DXFP aínda non o mirou.

  • Solicitamos unha aclaración a respecto da funcionarización no posto de orixe ou no de adscrición. O director xeral remítese á proposta de decreto de funcionarización que enviarán proximamente, pero dá a entender que será no posto ocupado no momento da resolución.

  • Denunciamos de novo o oscurantismo da comisión de seguimento do acordo de concertación social.

  • CIG pregunta pola oposicións de persoal veterinario: están coa baremación, contan telo rematado en marzo-abril.

  • Preguntamos tamén polo concurso de persoal veterinario, o director xeral remítenos ao mes de abril.

  • OEP 2019: na semana do 11 de marzo.

  • RPT Consorcio: enviada ás organización sindicais con prazo de alegacións ata o 15/03/2019. Descargar

Ningún comentario:

Publicar un comentario