xoves, 28 de febreiro de 2019

Comunicado de apoio da Xunta de Persoal de SSCC á folga do 8 de marzo

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais elaborou un comunicado de apoio a todos os actos que se convoquen na xornada de folga do 8 de marzo e convoca a todas as traballadoras e traballadores de servziso centrais a participar neles. O dito comunicado foi aprobado na Comisión permanente do 22 de febreiro.

COMUNICADO DA XUNTA DE PERSOAL DE SSCC DE APOIO Á FOLGA DE MULLERES DO DÍA 8 DE MARZO.

A Xunta de Persoal de Servizos Centrais manifesta o seu apoio á folga do vindeiro 8 de Marzo, como solidariedade na loita pola igualdade de dereitos e oportunidades e en contra das agresións machistas.

O obxectivo da folga é mostrar a repulsa á desigualdade e invisibilidade históricas que soportan as mulleres, á discriminación laboral e social que se incrementou debido á situación de crise económica que atravesamos, pero aínda máis, por mor das medidas que supostamente foron deseñadas para paliala.

A folga convócase para esixir a mellora das súas condicións sociolaborais co fin das discriminacións laborais:
  • Porque é preciso amosar en todos os centros de traballo a contribución que fan as mulleres. A súa situación de desvantaxe. As discriminacións que sofren.
  • Como resposta á fenda salarial que sofren as mulleres, porque o seu salario medio anual é moi inferior ao dos homes.
  • Porque a ocupación medra onde baixan os salarios, o cal fai aumentar a desigualdade e a pobreza.
  • Como resposta ao chan pegañento ou o teito de cristal que impide promocionar ás mulleres.
  • Aos atrancos na conciliación da vida familiar e laboral, que converten a Galicia na segunda comunidade do estado que máis demandas laborais presenta en relación con concrecións horarias de redución de xornada, permisos de lactación e por denegación de prestacións por risco no embarazo.
  • Porque as súas xornadas son maioritariamente parciais e os seus contratos temporais, o cal afecta aos seus salarios, á súa cotización e merma a posibilidade de acceder a unha xubilación digna.
  • Porque as mulleres seguen a ser obxecto de agresións sexuais, na rúa, no lugar de traballo, de acoso, sen que se adopten medidas urxentes que garantan a súa integridade e contundentes contra os seus agresores.
  • Porque de nada serve aprobar protocolos de prevención e actuación ante o acoso, ante a violencia machista, ou planes de igualdade de oportunidades se estes son baleiros de contido, se non identifican as discriminacións, se non mudan o status quo.
  • Porque é urxente e necesario:
    Pica na imaxe para descargar o comunicado
    • facer efectivo o diálogo social, realizar plans de igualdade, así como adoptar medidas de acción positiva dirixidas a discriminación e a desigualdade no emprego;
    • implantar medidas e políticas que garantan a efectiva corresponsabilidade entre mulleres e homes na repartición equitativa das responsabilidades familiares, que fagan posible compatibilizar o traballo e a vida familiar e social.
    • a adopción de medidas necesaria para a erradicación da violencia de xénero, da violencia familiar e todas as formas de acoso sexual e acoso por razón de sexo.
    • a aprobación e execución, como obriga a normativa en vigor, do Plan de Igualdade da Xunta de Galicia.
Convócase tamén para esixir a derrogación de todas as leis e reformas lexislativas (reformas laborais, reforma das pensións, etc.), porque se teñen demostrado que perpetúan a vulneración dos dereitos que sofren as mulleres.

Neste contexto esta Xunta de Persoal apoia todos os actos que se convoquen na xornada de folga do 8 de Marzo e convoca a todas as traballadoras e traballadores de servizos centrais a participar neles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario