A Xunta de Galicia anunciou hoxe ás organizacións sindicais na reunión da Comisión de Persoal que nos vindeiros meses convocará un concurso de traslados para persoal funcionario con 1.500 postos, o que supón un incremento do 16% respecto ao anterior concurso.
Así comezaba a nota de prensa que sacou a Xunta ese mesmo día tras a Comisión de Persoal. Pouco despois chegaba o ansiado borrador que xa vos comentamos nesta nova xunto co que máis importa: o cando. E precisamente no cando ten moito que ver esta nota a a vindeira batería de citas eleitorais e ter medianamente contento ao persoal público.
É unha fraude que teñan pensado convocar en maio de 2019, cando precismanente se cumpren 4 anos da anterior convocatoria. Unha fraude tendo en conta o que se dicía na antiga Lei de Función Pública, que con menos medios electrónicos falaba desa frecuencia de 1 ano sempre incumprida porque primaban "as necesidades do servizo" ou ter a case todo o mundo en comisión de servizo, máis ben.
Unha FRAUDE maiúscula no caso dos corpos especiais e determinadas escalas ou do persoal laboral que acumulan atrasos impensables nunha Administración que se di "moderna", aínda que o de moderna só o empregan para recortar, non para cumprir dereitos, como sería o do concurso permanente.
Será en maio este primeiro concurso tras o de Gardacostas? Esto é o que nos preguntades. Pois tendo en conta os antecedentes, ata que non o vexamos no DOG no o creremos. Mais desta volta as multiples citas eleitorais que veñen fan indicar que desta vez pode que si, que se abra outra ventana extraordiaria tras catro anos pola que poder cambiar por méritos obxectivos de posto a outro de máis nivel ou simplemente cambiar de localidade ou no caso das persoas adscritas provisonalmente, ou pendentes dun reingreso, poder ter dereito a un posto por concurso de xeito definitivo.
Desde aquí esiximos que a Xunta deixe de xogar eleitoralmente por enésima vez co noso dereito á mobilidade e seguimos demandando a implantación do concurso permanente. Como se non lle bastara co xogo das ofertas de emprego público. A xestión da Administración pública debe basarse nos criterios de profesionalidade, independencia e obxectividade, tamén a xestión das cuestións da Función Pública, máxime algo que debera ser tan ordinario como un concurso de traslados. Non pode ser que o ordinario (os concursos) se converta en extraordinario e o extraordinario (as comisións de servizo) se converta no ordinario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario