mércores, 3 de abril de 2019

A CIG reclama do goberno galego que supere a taxa de reposición imitando á OPE do Estado

Limítase a cubrir baixas mentres a Administración Xeral supera en 2.843 prazas


A Xunta de Galiza vén de anunciar unha oferta de emprego público (OEP) para 2019 que a CIG valora como insuficiente e que non mantén nin recupera emprego perdido xa que apenas cobre as baixas que se produciron o ano pasado. A falta de interese do Goberno galego en recuperar o emprego que destruíu nos últimos anos nos servizos públicos faise patente ao comparar a súa OEP coa que vén de presentar a Administración Xeral do Estado, que supera amplamente a taxa de reposición de efectivos.


Así o denuncia a CIG-Administración Autonómica que sinala que, segundo os datos ofrecidos polo Goberno Estatal na AGE as baixas que se produciron no conxunto do persoal ao seu servizo ascenderon até os 8.979. En marzo de 2018  CCOO, UXT e CSIF acordaron co goberno o mantemento de taxas de reposición polo q non se pode xerar emprego e que xunta ratificou na súa lei de orzamentos. De cumprirse esta previsión, a OEP para 2019  no estado corresponderíase cunha oferta de 8.495 prazas. Porén, a Administración Xeral do Estado inclúe nela 11.338 prazas de ingreso libre e 8.350 de promoción interna, 2.359 postos a maiores das baixas.

En Galiza só as 543 prazas correspondentes á taxa de reposición


Pola contra, o Goberno galego auto limítase e presentaa unha ficticia OEP de 2.617 prazas das que unicamente 543 son de acceso libre e supoñen novo emprego, xa que o resto estabilización e movementos internos-promoción interna)que, como o propio Núñez Feixoo recoñeceu, se limita a cubrir as baixas do anos pasado.

En consecuencia, esta oferta pública resulta, para a CIG-Administración Autonómica,“raquítica” e insuficiente toda vez que “non compensa o emprego público perdido nos últimos exercicios e tampouco ten en conta a promoción interna do persoal”. “A falta de vontade política para mellorar a eficiencia dos servizos públicos na Administración galega queda de manifesto se se compara coas cifras de oferta de emprego público ofrecidas polo Goberno estatal”.

Por iso, a CIG reclama que a Xunta de Galiza tome exemplo  é non siga auto limitarse con taxas que o único q fan e xerar servizos de subsistencia / e empeorar os servizos públicos mentres ten que externalizar a empresas o traballo que deberán facer os empregados e empregadas publicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario