Con 46 delegadas e delegados, a CIG
revalida o primeiro posto na representación de persoal funcionario nas
cinco Xuntas de Persoal.
Os resultados globais das votacións do xoves 11 de abril son os seguintes:
2019 | ||||||
CIG | CSIF | CCOO | UGT | SEPGA | Total | |
Servizos Centrais | 10 | 5 | 3 | 1 | 6 | 25 |
A Coruña | 8 | 5 | 4 | 3 | 5 | 25 |
Lugo | 8 | 5 | 2 | 4 | 4 | 23 |
Ourense | 6 | 9 | 5 | 3 | 23 | |
Pontevedra | 14 | 2 | 3 | 2 | 4 | 25 |
Total | 46 | 26 | 17 | 13 | 19 | 121 |
Con relación ao ano 2015, prodúcese unha lixeira baixada de todas as organizacións sindicais ao aparecer en liza outra forza sindical:
Comparativa Eleccións Xuntas de Persoal 2015-2019 | ||||||
CIG | CSIF | CCOO | UGT | SEPGA | Total | |
2015 | 51 | 31 | 22 | 17 | 121 | |
2019 | 46 | 26 | 17 | 13 | 19 | 121 |
Queremos dar grazas aos milleiros de
persoas que confiaron en nós e apoiaron as candidaturas da CIG.
Significa un grande aval á nosa liña de traballo sindical e á defensa
combativa dos intereses do persoal funcionario e polo mantemento dos
servizos públicos.
A Xunta de Galiza pretendeu desmantelar a
forza da CIG dentro do ámbito de representación no persoal funcionario,
pero a operación non puido ir adiante porque aqui a CIG somos todos e
todas os funcionarios e funcionarias que nos apoian co seu voto. Os
sindicatos corporativistas, aínda que desta entraron forte, non deben
consolidar a súa presencia xa que ao fin todos perdemos cando traen
división e estratificación de clases dentro do persoal empregado
publico.
Con esta confianza renovada os delegados
e delegadas da CIG seguiremos a traballar promovendo acordos se son
posibles sen renunciar a melloras reais, dende unha perspectiva ética,
solidaria e xusta, plantándolle cara aos recortes e á perda de dereitos.
Seguiremos formulando propostas para unha Administración do século XXI,
levando a iniciativa alí onde a Xunta ou outros sindicatos seguen
anquilosados, e sobre todo, seguiremos ao teu dispor como a mellor
ferramenta que temos o persoal funcionario para poder cambiar as cousas.
Comprometémonos a manter o traballo que
facemos ben, e a mellorar o que facemos mal, no camiño de conseguir unha
administración galega mellor, con persoal funcionario de primeira.
Grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario