Saca máis de 16 puntos á segunda forza máis votada.
Tras varios anos e no lugar máis complexo e máis incómodo para facer sindicalismo de clase e combativo, a CIG segue a ser a forza máis votada e con moita diferenza sobre o resto. A pesares que pasamos de 485 apoios aos 532, perdemos 1 representación do total de delegados e delegadas obtidas no 2015, quedando con 10. Esto resulta así pola entrada en escea dunha quinta entidade sindical.
Candidaturas | 1- PR | 2-FC | 3-IN | 4-CU | 5-MR | 6-PS | 7-SA | 8-MA | 9-FONTIÑAS | 10-ITINER. | TOTAL |
CIG | 53 | 53 | 59 | 78 | 43 | 43 | 67 | 53 | 29 | 54 | 532 |
CCOO | 12 | 18 | 11 | 12 | 3 | 16 | 26 | 22 | 22 | 9 | 151 |
UGT | 7 | 9 | 6 | 3 | 6 | 7 | 10 | 8 | 8 | 17 | 81 |
CSIF | 33 | 28 | 36 | 20 | 21 | 26 | 27 | 39 | 22 | 29 | 281 |
SEPGA | 27 | 29 | 49 | 11 | 33 | 16 | 43 | 47 | 34 | 30 | 319 |
Brancos | 4 | 6 | 2 | 1 | 1 | 2 | 3 | 3 | 4 | 26 | |
Nulos | 2 | 3 | 2 | 1 | 8 |
A participación tivo un gran dato para o que soe haber no noso centro de traballo (un 40%) chegando a un 48% de media, se ben nalguna mesa como a de Políticia Social pasouse do 60%. En todas as mesas, salvo a de Área Central, a CIG foi a forza maioritaria, destacando en Cultura e Educación onde obtivemos o 62% dos votos. Así foi o reparto por delegados/as.
A nosa é unha organización de clase e as compañeiras e compañeiros que resultaron elixidos proveñen dunha candidatura de unidade e plural. Porque só desde a unidade de clase se consiguen as grandes conquistas, os servizos públicos e os dereitos que hoxe xa temos asumidos como inalienables que son tal porque se loitaon non porque caeran do ceo. Benvidos e benvidas todos os compañeiros e compañeiras que queiran traballar na liña duns mellores servizos públicos para todas e todos, da dignificación da nosa profesión e en prol dos nosos dereitos laborais.
532 apoios, 532 grazas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario