11 de abril, eleccións sindicais persoal funcionario Servizos Centrais
Este xoves, o persoal funcionario imos decidir quen nos vai representar os vindeiros catro anos diante da Administración; quen se vai sentar diante daquelas persoas que dirixen o goberno da Xunta, esas persoas que levan anos recortándonos o soldo (agora dannos faragullas) e os nosos dereitos (onde quedaron os 9 días de APs ou o Fondo de Acción Social?).
Quen teña enfronte a Administración non é unha cuestión calquera, as traballadoras e traballadores do público temos que ser a garantía duns servizos públicos de calidade e iso non se fai se nós, todas e todos, as de calquera grupo, as de calquera escala, ou sexa: TODO O PERSOAL, non temos uns dereitos laborais que garantan unha carreira profesional independente e unhas condicións económicas e laborais dignas.
Por todo isto pedímosche o voto, porque a CIG ten demostrado que non compadrea, que traballa polo persoal funcionario e que defende uns servizos públicos galegos e de calidade. Non repartimos piruletas, non vendemos motos e cremos que todas e todos temos os mesmos dereitos e iso é o que imos defender.
Xa nos coñeces, agora depende de ti.
O xoves, 11 de abril, ti decides:
VOTA CIG
- Disposición provisional das mesas eleitorais (a disposición definitiva coñecerase o martes, 9 de abril, a última hora): horario de votacións de 9:00 h a 16:00 h (excepto mesa itinerante ata as 15:30).
Ningún comentario:
Publicar un comentario