Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 27 de marzo de 2019

Disposición provisional das mesas eleitorais: 11 abril 2019

Imos votar pola nosa dignidade
O horario de votación será de 9:00h a 16:00h salvo a mesa itinerante que pecha ás 15:30 h. 
O persoal elector conta co "tempo indispensable" para exercer o seu dereito a elexir o seu persoal representante.

Para as eleccións da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, esta é a proposta da Administración sobre as mesas de votación o 11 de abril. Aínnda hai cousas sen concretar, pero vos adiantamos a información definitiva en canto nola facilite a Administración.

A novidade este ano é que van agrupar todas as mesas de San Caetano nos salóns principais de Presidencia (o nº1 e o nº2); así pois, este ano non haberá as tradicionais mesas nas entradas principais das consellarías que axudaban ter presente que ese día estabamos de votacións.  Como vai 4 anos, volve a mesa intinerante pero con variacións (incorpora a Cidade da Cultura e a Estrada). Tamén haberá un bus circular para facilitar as votacións ao persoal que traballa en centros periféricos e ten que votar na mesa central da súa consellaría en San Lázaro ou San Caetano. En San Lázaro a mesa de votación que estaba en Traballo pasa agora a estar en Medio Ambiente...

Consulta aquí a mesa que che corresponde e as novidades:


MESA
DEPARTAMENTOS
LOCALIZACIÓN
1
Consellerías de Presidencia e Vicepresidencia (unidades sitas en San Caetano).
Centros externos: DX de Exteriores, DX de relacións institucionais, Secretaría Xeral de Emigración, casa de Galicia en Madrid.
San Caetano.
Salóns 1(Grande) ou Salón 2
2
Consellería de Facenda e Intervención Xeral
Centro externos: ATRIGA
San Caetano.
Salóns 1 Grande ou Salón 2
3
Consellería de Economía e Industria; Conselleria de Infraestruturas e Mobilidade e Axencia galega de Infraestruturas “AXI”. (Unidades sitas en San Caetano).
Centros externos: Consello Galego de RRLL, GAIN, Augas de Galicia.
San Caetano.
Salóns 1 Grande ou Salón 2
4
Consellería de Cultura e Consellería de Educación (unidades sitas en San Caetano).
Centros externos: Secretaría Xeral de Política Lingüística, S.X de Conservación e Restauración de bens culturais e CGAC
San Caetano.
Salóns 1 Grande ou Salón 2
5
Consellería de Medio Rural e Consellería de Mar (unidades sitas en San Caetano).
Centros externos: S.X. de Gardacostas, AGACAL
San Caetano.
Salóns 1 Grande ou Salón 2
6
Consellería de Política Social (unidades sitas en San Caetano)
San Caetano.
Salóns 1 Grande ou Salón 2
7
Consellería de Sanidade.
Centros externos: IGE-Instituto Galego de Estatística (Facenda); ISSGA-Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Economía); DX de Pesca (Mar)
San Lázaro.
Consellería de Sanidade
8
Consellería de Medio Ambiente; Consellería de Economía (área de Emprego); Secretaría Xeral de Igualdade (VP), D.X de Xuventude (PS)
Centros externos: Axencia Galega da Industria Forestal (XERA); Xurado de Expropiación Forzosa (XEG); DX de Defensa do Monte (MR), DX de Planificación e ordenación forestal (MR); Centro de recuperación integral de mulleres (CRI)-Igualdade; Centro de novas tecnoloxías (CNT).
San Lázaro.
Consellería de Medio Ambiente.
9
EGAP; Secretaría Xeral para o Deporte; D.X da Administración Local, D.X de Xustiza.
Centros externos: D.X de Emerxencias e Interior; Instituto Galego de Consumo (IGC), Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Tribunal de Contratación Admtva; SX de industrias e calidade alimentaria (MR) e SX de inspección do transporte (IM).


Fontiñas.
EGAP
10 (itine-
rante)
  • A Estrada: (Axencia galega de emerxencias-AXE e Axencia galega de seguridade-AGASP)
  • A Barcia: (Axencia Galega de Turismo-AGATUR)
  • Cidade da Cultura: DX de políticas culturais (CU); Axencia galega de industias culturais-AGADIC e AMTEGA
  • Salgueiriños: Axencia da proteción da legalidade urbanística (APLU), DX de desenvolvemento pesqueiro (MAR), FOGGA (MR),

Mesa itinerante co seguinte percorrido e horario:

9-9:30 (A Estrada)
10:30-11:30 (A Barcia)
12:00-13:00(Cidade da Cultura).
13:30/15:30 (Salgueiriños)


Haberá un bus con percorrido circular continuo, trasladando ao persoal da zona centro para votar nas mesas de San Caetano cos seguinte percorrido (non temos información concreta das paradas):
- Sar (Gardacostas)
- Conxo (GAIN e Centro de novas tecnoloxías)
- Centro 1 (DX de exteriores, Rexistro da propiedade intelectual)
- Centro 2 (DX de relacións instuticionais, SX de Emigración).
*Mesmo se poderían sumar a S.X de Política Lingüística e o SX de Conservación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario