Imaxinade que queda unha vacante nun lugar que vos interesa ou hai un posto de nivel apetecible. Imaxinade que a solicitades e imaxinade que a solicitan 9 persoas máis. Ata aquí nada difícil de imaxinar. Agora ben, imaxinade que o posto llo asignan a persoa que teña máis puntos segundo o baremo do último concurso. Imaxinade tamén que se puidera actualizar ese baremo no primeiro trimestre de cada ano. Poñede ese baremo nunha disposición xeral e teríamos un concurso permanente.
Na antiga lei da Función Pública se recollía que os concursos de traslados serán anuais e nunca se cumpriu; na actual, os concursos non se enfocan como un dereito senón un sistema de xestión de recursos humanos e proba disto é que borraran calquera referencia temporal. Iso cando non o enfocan como unha ferramenta de propaganda eleitoral. O V Convenio Colectivo do Persoal laboral si chega a falar do concurso de traslados permanente pero dado o xiro da funcionarización, a Xunta non parece interesada en permitirlles tampouco a mobilidade.
Na antiga lei da Función Pública se recollía que os concursos de traslados serán anuais e nunca se cumpriu; na actual, os concursos non se enfocan como un dereito senón un sistema de xestión de recursos humanos e proba disto é que borraran calquera referencia temporal. Iso cando non o enfocan como unha ferramenta de propaganda eleitoral. O V Convenio Colectivo do Persoal laboral si chega a falar do concurso de traslados permanente pero dado o xiro da funcionarización, a Xunta non parece interesada en permitirlles tampouco a mobilidade.
A realidade diaria son moreas e moreas de comisións de servizo e adscricións temporais ditadas con absoluta arbitrariedade (salvo no persoal laboral que teñen como criterio obxectivo a antigüidade e a pertenza ao centro – e aquí si se cumpre, non como no persoal funcionario-). Só en 2018 houbo 1924 anuncios de comisións de servizo para persoal funcionario. Así pois, aínda esquecendo o concurso como dereito, sí que semella necesario un concurso como sistema de xestión ordinaria dos recursos humanos.
Pero desde a CIG reclamamos que o concurso se interprete tamén como un dereito: un dereito á mobilidade, a conciliación familiar e á carreira profesional, que a día de hoxe, é a única forma obxectiva de conseguir un posto de maior responsabilidade e retribución. E un dereito cunha frecuencia regular na súa convocatoria e para todas as traballadoras e traballadores públicos, que parece que fóra dos corpos xerais o concurso de traslados é algo aínda máis extraordinario se cabe, igual cada 10 anos, con sorte.
Anunciou o director da Función Pública que para o persoal funcionario haberá concurso para maio de 2019 mais está a cousa parada desde finais de marzo e aínda convocándose en maio serían 4 anos desde a anterior convocatoria; inasumíble. Anunciara tamén o conselleiro en 2015 que os concursos na Xunta serían "máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade" mais agora o que temos, case 4 anos despois, é un borrador dun concurso ordinario e un borrador tamén dun decreto de provisión que fala de que "poderá" haber concursos abertos e permanentes.
Nós propoñemos un concurso permanente e aberto para todas as traballadoras e traballadores públicos por dous motivos: 1) garante a cobertura baixo demanda de postos públicos por criterios obxectivos e 2) non se producen desequilibrios organizativos na Administración autonómica ao andar saltando de posto a posto ao mesmo tempo centos de persoas.
Estes dous aspectos non só son bos para a gran maioría de traballadoras e traballadores públicos que poden facer carreira administrativa sabendo ao que aterse e con certas garantías, senón tamén para a cidadanía que recibe un servizo profesional e independente. Non entendemos que a Xunta poña por diante os seus intereses de seguir controlando caciquilmente a cobertura dos postos de concurso por diante, xa non dos nosos dereitos, senón do bo funcionamento da Administración e das garantías de servizo á cidadanía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario