mércores, 24 de abril de 2019

RPT de Medio Rural: falta 1 millón de euros e non saben de onde van sacalo

Amortizan sen explicación de 181 postos de traballo, o que consideramos inadmisible.


O martes 23 de abril tivemos a primeira xuntanza pola RPT de Medio Rural. A Secretaria Xeral Técnica dixo que a modificación era debida aos cambios na estrutura e a creacion das 549 prazas de reforzo de verán de bombeiros forestais (nada de prevención, só extinción) pero que non ían tocar as oficinas agrarias comarcais nin os distritos polo de agora, a espera dun estudo de carga de traballo e organización desta administración periférica que dá servizo ao rural galego. As RPT de AGACAL e Fogga din que as están a preparar e negociaranse despois desta.


Recoñecen que a documentación que nos presentaron estaba chea de erros e aínda así presentamos na xuntanza máis de 100 alegacións xerais e específicas. Con este mal facer por parte da Administración vai ser difícil que se convoque o concurso de traslados antes do verán.

Sobre as amortizacións, a pesar de dicir que non van tocar os postos ata reorganización, amortizan sen explicación de 181 postos de traballo, o que consideramos inadmisible.

Sobre a creación de prazas do SPDCIF manifestan que foi un “erro” que viñeran para 12 meses e que serán de 5 no 2019 e de 6 no 2020.

Aínda con todo, non souberon explicarnos a diferencia de 1 millón de euros entre as creacións e as amortizacións e de onde van a sacar os cartos para as creacións.

Antes do venres presentaremos unhas primeiras achegas por escrito e estaremos a espera de que nos envíen documentación corrixida, xustificada e cunha memoria económica en condicións. Destacar o pouca participación das outras organizacións sindicais pois remitíronse a indicar que ían presentar alegacións por escrito, sen expoñer ningunha na mesa de negociación, e pedir algunha aclaración puntual e do SPDCIF. Feito que sumado aos erros da documentación e a hora tardía de convocatoria (12:30h) fixo que non se puidera avanzar moito na negociación desta RPT. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario