O vernes 24 de maio de 2019 tiñamos convocada en primeira convocatoria ás 11:45 h. e en segunda ás 12:00 h. reunión ordinaria do Comité de seguridade e saúde laboral en onde, entre outras cousas tiñamos que tratar unha ampla orde do día con temas de importancia como a avaliación de riscos de 7 centros de servizos centrais e as medidas de emerxencia plnaificacdas e actuación de prevención para este ano.
Ás 12:06 minutos non se pudo levar a cabo esta convocatoria por non estar nengún representante da CSIF, e o ser este comité paritario. Por certo xa non e a primeira vez que pasa isto de faltar todas as persoas representantes do CSIF e ter que adiar a reunión. Hai que ter en conta que o mínimo que tiñamos que estar pola parte sindical son cinco representantes do persoal traballador e estabamos un de cada sindicato e de camiño outro, pero do sindicato CSIF que ten tres representantes neste comité, non estaba nin se lle esperaba a ninguén. O peor é que nin avisaron de que non viñan e por eso se adiou a reunión. Chegamos a conclusión que o CSIF impórtanlle moito certas cousas pero importalle moi pouco a saúde do persoal traballador dos Servizos Centrais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario