No enésimo capítulo do tema do radón nos edificios da Xunta de Compostela, a CIG vén de dirixirse seguindo as indicacións de Inspección de Traballo ante a Consellaría de Industria.
A CIG expuxo varias veces dende fai 6 anos ata a data actual, no Comité de seguridade e saúde laboral de Servizos Centrais da Xunta de Galicia, a queixa e inquietude de varias traballadoras e traballadores polos niveis de gas radón nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Servizos Centrais, sobre todo nos sotos e andares baixos dos mesmos. Solicitouse reiteradamente que se mediran os niveis deste gas en cumprimento da lexislación vixente xa que Santiago de Compostela e unha zona de alto risco por a morfoloxía do seu chan.
Tamén temos coñecemento de que no Consello Galego de Relacións Laborais,
organismo que depende da Xunta de Galicia e ten as oficinas en Santiago
de Compostela, fíxose unha medición de Gas Radon e tiveron que facer
obras de mellora e de evacuación do gas, por os altísimos niveis de
concentración deste gas.
En xaneiro de 2012 o BOE publicou a instrución IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear sobre criterios para a protección fronte á exposición á radiación natural. Esta instrución fixa nos 600 Bq/m3 (becquerelios por metro cúbico de aire no interior) de concentración media anual de radón durante a xornada laboral o nivel por riba do cal é obrigatorio activar a protección para os traballadores e traballadoras. Con todo, no caso dos lugares de traballo "con elevada permanencia de membros do público", o nivel de intervención será de 300 Bq/m3 de concentración media anual. Enténdese por lugares de traballo con elevada permanencia de membros do público os hospitais, cárceres ou centros de ensino. A instrución obriga á realización de medicións nos "lugares de traballo, subterráneos ou non subterráneos, en áreas identificadas polos seus valores elevados de radón".
A CIG denunciou este tema ante a Inspección Provincial de Traballo que contestou cun informe dicindo que as competencias as ten a Conselleria de Industria da Comunidade Autónoma neste tema e insta a “facer a correspondente evaluación ou medición dos niveis de exposición de gas Radon” dos edificios mencionados anteriormente. Estas medicións unha vez feitas, deben ser públicas ou por o menos comunicadas aos delegados de saúde así como incluidas nos correspondentes plan de protección, cousa que a día de hoxe a CIG non ten coñecemento delas.
Dicir tamén que se esta incumprindo toda a normativa sobre esta materia, a sabiendas, dende as Directivas da Comunidade Europea de obrigado cumprimento que están en vigor, ata as normas básicas ditadas por a propia Xunta de Galicia, sobre este gas.
A CIG solicita que dende esa Consellería que segundo a Inspección de Traballo e S.S. ten as competencias sobre esta materia, ou quen as teña, fagan as medicións que xa deberían ter feitas fai moito tempo, así como notificar o antes posible á CIG que se vai a facer e cando, por ter deito a elo, polas leis mencionadas anteriormente, así como a Lei de Prevención de Riscos Laborais, se non será ese Conselleiro responsable ante a fiscalía ou os xuzgados que correspondan do non cumplimento das leis anteriormente mencionadas así como o non cumplimento do informe da Inspención Provincial da Seguridade Social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario