Na Comisión de Persoal do 12/06/2019 votáronse as propostas de modificación das RPTs de Facenda, IET e Medio Rural, así como a modificación do protocolo de acoso laboral e outras discriminacións no traballo. A maiores, fixemos numerosas preguntas que poden ser do teu interese.
Modificación do protocolo de acoso laboral: aprobado co voto a favor das catro organizacións sindicais.
RPT de Facenda: aprobado co voto a favor de CCOO, CSIF e UGT, e a abstención de CIG.
RPT do IET: aprobado co voco en contra de CIG e CSIF, o voto a favor de UGT e abstención de CCOO.
RPT de Medio Rural: aprobado co voco en contra de CIG e CSIF, e o voto a favor de CCOO e UGT.
E en varios:
Modificación do protocolo de acoso laboral: aprobado co voto a favor das catro organizacións sindicais.
RPT de Facenda: aprobado co voto a favor de CCOO, CSIF e UGT, e a abstención de CIG.
RPT do IET: aprobado co voco en contra de CIG e CSIF, o voto a favor de UGT e abstención de CCOO.
RPT de Medio Rural: aprobado co voco en contra de CIG e CSIF, e o voto a favor de CCOO e UGT.
E en varios:
Concursos de traslados: a falta de RPT de Medio Rural era a escusa para non convocar algúns dos concursos de traslados, segundo ten manifestado Función Pública. Unha vez aprobada esta RPT pedimos a convocatoria dos concursos de traslados de persoal laboral e funcionario, de administración xeral e especial. O DXFP resposta que na semana que vén retomarán as bases de criterios xerais para no prazo máximo dun mes aprobar a convocatoria dos concursos de Administración Xeral e de veterinarios. Veremos...
Procesos selectivos pendentes: solicitamos un cronograma de todos eles. Mirarán de facelo. Función Pública informa que o de persoal veterinario continúa pendente dunha parte do informe da asesoría, que contan con telo esta semana. En canto aos procesos de Química e Bióloxía, remitirań en breve as prazas para a elección de destino. En xullo tentarán ter aprobada algunha convocatoria máis. Veremos...
Exames de promoción interna: manteñen a previsión da primeira quincena de xullo, nos vindeiros días informarán de datas concretas.
Solicitamos os informes xurídicos emitidos en relación á cuestión de inconstitucionalidade do Acordo de concertación. O DXFP di que non hai ningún informe para esa cuestión e que os únicos informes que hai son os que fixeron no seu momento para as leis de medidas e de orzamentos.
Contratación de persoal orientador laboral para as oficinas de emprego: son 3.000 parar todo o estado. Está pendente de que a conferencia sectorial faga o reparto por CCAA. Din que os actualmente contratados na Galiza (140) están dentro dese total de 3.000. Falan de setembro.
Recuperación do artigo 19 do Convenio e resto de recortes: a CIG volve reclamar a derrogación das medidas de recorte aplicadas na Lei 1/2012 e por tanto recuperar o artigo 19 do convenio, Fondo de Acción Social, etc. Función Pública remítese á futura negociación das leis de orzamentos e medidas do ano 2020.
Integración do CIXTEC en AMTEGA: di FP que se fará cando teñan un proxecto consensuado por ambas partes.
Subida do 0,25 % variable: está pendente de que se aprobe no Consello de Ministros onde se certifique o cumplimento do 2,5 do PIB en todo o Estado. Contan con que poderase cobrar xa na nómina de xullo, de non ser así quedaría para a de agosto.
Comisións de servizo: o director xeral de Función Pública informanos que ten a intención de volver a prorrogar as comisións de servizo ata a resolución do concurso de traslados de corpos xerais. A CIG presentou un escrito de reclamación, iniciando un proceso que seguramente rematará no xulgado contencioso.
RPT Cultura: segue igual, din que nas vindeiras semanas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario