xoves, 6 de xuño de 2019

O persoal arquiveiro maniféstase no Día dos arquivos


O persoal arquiveiro da Xunta de Galicia
é o peor pagado de todo o Estado
Mañán, 7 de xuño, coa celebración do Día internacional de arquivos, no só vai haber actos oficiais onde o conselleiro vai facer a foto, o persoal técnico dos centros tamén se vai a mobilizar.

Levan vinte anos en niveis bases (A1-20 e A2-16) sabendo que os seus compañeiros e compañeiras do Estado e de outras CCAA son A1-24 e A2-20. Non só loitan pola equiparación salarial tamén por unha nova RPT (que leva seis anos parada) e por un Plan de arquivos que reorganize as anquilosadas estruturas arquivistas da Xunta de Galicia.
En fin é persoal que leva moitos anos calado e que por fin levanta a voz, por unhas condicións
salariais dignas.


Así en todos os arquivos dependentes da Xunta de Galicia vai haber unha concentración mañán, 7 de xuño, ás 12:00 horas onde se lerá un manifesto coas súas reivindicacións.
Dende a CIG levamos anos reclamando unha suba dos niveis base do persoal técnico de Cultura, sabendo que non teñen nengunha posibilidade de mellora profesional (máis do 80% do persoal se xubila nos postos nos que entrou, todos base por certo) e que contan con penosidades especiais polas que non cobran nengún tipo de compensación: traballan polas tardes, atenden público, responsabilidade de centros e amáis fan labores en lugares con toxicidade (depósitos de arquivos).
Esperamos que na actúal elaboración da nova RPT da consellería de Cultura resolvan a súa situación, por certo, das máis inxustas desta Administración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario