mércores, 10 de xullo de 2019

A Xunta, ao contrario co Estado, négase á xornada de verán ampliada para persoas con crianzas menores de 12 anos

Mentres na Administración Xeral do Estado o seu persoal con crianzas menores de 12 anos goza de xornada de verán ampliada (desde 2012!), aquí só recollen nun borrador de acordo (en 2019!) o mesmo para quenes teñan persoas discapacitadas ao seu cargo. Como se as crianzas non precisaran de coidados.

Son moitos os agravios que como persoal público da Xunta sufrimos fronte ao persoal doutras Administracións: peor carreira profesional, concursos e promocións internas sen periodicidade determinada, continúos cambios nas súas convocatorias, períodos de resolución extremadamente longos e por suposto tamén na conciliación.

E ten delito porque as traballadoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza fomos das que antes e máis duros sufrimos os recortes nas nosas condicións de traballo: a lei de medidas de 2012 que ía ser temporal e cuxos artigos aínda seguen en vigor na súa maior parte ou os recortes nos complementos específicos das pagas extras de 2013 a 2016.

A través do acordiño-mix do que xa falabamos nestoutra nova, a Xunta pretende vender como carameliños cuestións as que se ve obrigada polas sentenzas xudiciais ou ben caen de caixón. Porén, no tema da extensión do horario de verán sorprende que do que teñen na Administración Xeral do Estado só colleran unha condición para ampliar o dito horario, condición que non ten a temporalidade que pode ter a atención as crianzas polo peche dos centros escolares.

Esto é o que propón a Xunta:

Asi mesmo, e por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, os empregados e empregadas públicas que teñan ao seu cargo persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que convivan co solicitante e dependan  deste, poderán acollerse a esta modalidade de xornada intensiva dende o 1 de xuño e ata o 30 de setembro.
Esto é o que ten o persoal da Administración Xeral do Estado:

Por motivos de conciliación de la vida familiar y laboral, los empleados y empleadas públicos con descendientes o personas sujetas a su tutela o acogimiento de hasta 12 años de edad, siempre que convivan con el solicitante y dependan de este, estando a su cargo, podrán acogerse a esta modalidad de jornada intensiva desde el 1 de junio y hasta el 30 de septiembre. Este derecho podrá ejercerse también en el año en que el menor cumpla la edad de 12 años.
Igualmente, podrán acogerse a esta modalidad de jornada intensiva, desde el 1 de junio hasta el 30 de septiembre, los empleados y empleadas públicos que tengan a su cargo personas que tengan reconocida una discapacidad igual o superior al 33 %, siempre que convivan con el solicitante y dependan de este.
Semella que a Xunta e CCOO e UGT se lles caeu do acordiño o primeiro parágrafo. Por que? 

Política de conciliación nefasta

Non é suficiente xa co agravio xeral que temos na Xunta en materia de conciliación: a condición do posto de poder ter teletraballo ou flexibilidade é discrecional (non figura na RPT), falta de compensación da redución da xornada de verán para quen por motivos do posto non poida acollerse, obrigan a reducir a xornada (esta non pode negala) para o persoal que lle negan a flexibilidade, eliminación das axudas familiares do FAS, non hai comisións de servizo de conciliación como no Ensino, non queren implantar as 35h semanais como xa teñen en varias CCAA, nada de desenvolver a bolsa de horas positivas como xa teñen na AXE ou o deber insecusable de coidar das crianzas enfermas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario