A Dirección Xeral de Función Pública
comunícanos parte da relación de postos vacantes entre os que sairá a listaxe dos que finalmente se ofertarán no concurso
de traslados de corpos xerais. É a correspondente ás vacantes das
seguintes consellerías (agardamos polas que faltan):
- Consellería do mar
- Consellería de política social
- Consellería de sanidade
- Consellería de cultura e turismo
- Consellería de educación
- Consellería de economía, emprego e industria
- Consellería de infraestruturas e mobilidade
Función Pública fai anos que non nos
facilita datos dos postos que están vacantes, así que a CIG non ten
maneira de verificar se nesta relación están todos os que teñen
que estar ou hai algún tapado. Temos prazo ata o venres 12 para facer
alegacións, así que se ves algunha cousa que está mal, ou botas en falta
algunha praza, contacta coa CIG canto antes.
Lembramos que esta sería a relación
inicial de vacantes, e que no concurso se poderán solicitar estas xunto
cos postos de todas as persoas que presenten instancia para participar
no concurso (fase de resultas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario