Debido a nosa problemática particular en Compostela e nos edificios históricos da Xunta de Galiza e máis as vosas inquedanzas, cremos importante compartir este boletín da CIG-Saúde Laboral que pode ser de moito interese para ver protexido o noso dereito á saúde ante a inactividade da Xunta onde parece que imos ter que esperar a que fagan o anunciado arranxo dos vellos interiores do edificio de San Caetano dentro de varios anos... e mentres tanto? a seguir respirando gas nocivo?...
Tamén neste número, outros temas moi interesantes para o noso sector:
- Risco durante o embarazo e novas taboas SEGO para 2019: retroceso na protección da maternidade.
- Informe final sobre o futuro do traballo da OIT.
Ningún comentario:
Publicar un comentario