Fai o anuncio ante a petición de comparencia da conselleria de Política Social no Parlamento para dar conta da escaseza de persoal nas residencias de maiores.
Sabemos que os concursos de traslados non lle preocupan ao Goberno da Xunta, preocúpanlle máis as oposicións. En realidade o que lle preocupan é que saia nos medios as tantísimas prazas que van convocar, outra cousa é xa cando as convoquen ou os anos que tarden en pechar os procesos; unha auténtica vergonza.
O curioso foi a nota de prensa que sacaron sobre 600 prazas a través dunha "novidosa convocatoria de emprego social". Son prazas a maioría de política social pero tamén de veterinaria ou bioloxía e ciencias do mar. Pero que é o que anuncian? unha nova OPE? Non, son prazas xa ofertadas e o que anuncian é que as convocarán en outono... si, claro, como o concurso de traslados.
Este anuncio non é máis cunha cortina de fume que lle axude á Conselleira de Política Social na súa comparencia no Parlamento onde a CIG denunica falta de persoal nos centros de maiores. Ou sexa, xa non é que falten centros de maiores públicos e asequibles, senón que nestos o persoal escasea. Pero é que aínda que foran cubertas esas prazas, non quere dicir que se aumente o persoal pois esas prazas xa están cubertas con persoal interino que leva ata 20 anos.
O relatorio de feitos foi o seguinte: a CIG solicita no Parlamento aos grupos a comparecencia da conselleira por este grave problema. A través do BNG métese o tema na comisión parlamentar para o 19 de setembro e o 18 de setembro sae Barreiro e as súas 600 prazas, a maioría para Política Social.
Véndeno como se for máis aumento de persoal e non é certo. A Xunta tentando gañar o relato, non facendo servizo público. Só saben vender ofertas de emprego para persoal que leva anos de interino e para que se enganche nas academias xente desesperada por un traballo dingo. E isto é intolerable e ten que ter consecuencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario