Función Pública vai publicar a seguinte nota sobre o horario de verán do 2025:
HORARIO DE VERÁN 2025
Horario oficial:
Do
16 de xuño ata o 15 de setembro deberán realizarse 6 horas diarias
continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas. O cálculo do
cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.
Horario flexibilidade automática:
Do
16 de xuño ata o 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas diarias
continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas. O cálculo do
cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.
Ata o 30 de
xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo
débeda da primeira quincena do mes de xuño. O tramo horario de
compensación será de 8:00 a 15:00 horas.
Horario flexibilidade conciliación:
Do
16 de xuño ao 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas de traballo
diarias na franxa horaria autorizada pola Secretaria Xeral Técnica na
resolución de concesión de flexibilidade por conciliación. O cálculo do
cumprimento da xornada laboral, será en cómputo mensual.
Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda da primeira quincena do mes de xuño.
Horario redución de xornada de traballo diaria:
Do
16 de xuño ao 15 de setembro, deberá realizarse diariamente dentro da
franxa horaria autorizada polo órgano de persoal correspondente para a
concesión desa redución de xornada o tempo de traballo que se determine
mediante a seguinte fórmula:
0.80 x XR*
*XR = nº de minutos traballados diariamente en xornada reducida
Queda excluído o persoal suxeito a horarios especiais e persoal a quendas, segundo dispón a Instrución do 20 de xuño de 2013.
Así
mesmo, e por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, os
empregados e empregadas públicas que teñan ao seu cargo persoas que
teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que
convivan co solicitante e dependan deste, poderán acollerse a esta
modalidade de xornada ata o 30 de setembro”.
Seguimos como sempre e volven a aprobalo sen negocialo coa representación do persoal. Seguen excluíndo ao persoal que traballa a quendas. A CIG demanda que o horario de verán sexa de aplicación a todo o persoal, e se non pode ser aplicado que se ofreza algún tipo de compensación en forma de descanso.
Ao tempo, na CIG seguimos a esixir a ampliación do horario de verán para quen teña conciliación familiar, do 1 de xuño ao 30 de septembro, a semellanza do que dispoñen as traballadoras/es da AGE como un dereito consolidado desde o ano 2016:
E a mesma esixencia mantemos coa famosa bolsa de horas do 5%, vinculada á conciliación, que continúa sen regularse. Na AGE xa a están a gozar hai tempo. Ao longo da negociación do Acordo de concertación que asinaron UGT e CCOO, a CIG defendeu que esta bolsa de horas do 5% non estivese ligada exclusivamente á conciliación, senon que fose de aplicación a todo o persoal, de xeito que se puidese converter nunha especie de “bolsa de horas positivas”. Pero, unha vez máis, non quixeron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario