O DOG do 2 de xaneiro publica a convocatoria da EGAP dos cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.
En colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca 28 edicións e 700 prazas de cursos de linguaxe administrativa galega e linguaxe xurídica galega dirixidas aos empregados públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os cursos van dirixidos ao persoal público destinado nas administracións territoriais, institucionais, entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do sistema universitario galego.

Curso medio de linguaxe administrativa galega
- Teleformación: 8 edicións con 25 prazas por edición
- Presencial: 1 edición con 25 prazas por edición
Curso superior de linguaxe administrativa galega
- Teleformación: 11 edicións con 25 prazas por edición
- Presencial: 2 edicións con 25 prazas por edición
Para optar a estas actividades é preciso ter validado ou superado na data desta resolución algún dos cursos que se indican a continuación:
- Para o curso medio: o curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.
- Para o curso superior: o curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
O prazo de matrícula está aberto desde as 8 horas do 3 de xaneiro ata as 14 horas do 10 de xaneiro en https://egap.xunta.gal/matricula
Ningún comentario:
Publicar un comentario