A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais elaborou un comunicado de apoio a todos os actos que se convoquen na xornada de folga do 8 de marzo e convoca a todas as traballadoras e traballadores de servziso centrais a participar neles. O dito comunicado foi aprobado na Comisión permanente do 22 de febreiro.
COMUNICADO
DA XUNTA DE PERSOAL DE SSCC DE APOIO Á FOLGA DE MULLERES DO DÍA 8
DE MARZO.
A
Xunta de Persoal de Servizos Centrais manifesta o seu apoio á folga
do vindeiro 8 de Marzo, como solidariedade na loita pola igualdade de
dereitos e oportunidades e en contra das agresións machistas.
O
obxectivo da folga é mostrar a repulsa á desigualdade e
invisibilidade históricas que soportan as mulleres, á
discriminación laboral e social que se incrementou debido á
situación de crise económica que atravesamos, pero aínda máis,
por mor das medidas que supostamente foron deseñadas para paliala.
A
folga convócase para esixir a mellora das súas
condicións sociolaborais co fin das discriminacións
laborais:
- Porque é preciso amosar en todos os centros de traballo a contribución que fan as mulleres. A súa situación de desvantaxe. As discriminacións que sofren.
- Como resposta á fenda salarial que sofren as mulleres, porque o seu salario medio anual é moi inferior ao dos homes.
- Porque a ocupación medra onde baixan os salarios, o cal fai aumentar a desigualdade e a pobreza.
- Como resposta ao chan pegañento ou o teito de cristal que impide promocionar ás mulleres.
- Aos atrancos na conciliación da vida familiar e laboral, que converten a Galicia na segunda comunidade do estado que máis demandas laborais presenta en relación con concrecións horarias de redución de xornada, permisos de lactación e por denegación de prestacións por risco no embarazo.
- Porque as súas xornadas son maioritariamente parciais e os seus contratos temporais, o cal afecta aos seus salarios, á súa cotización e merma a posibilidade de acceder a unha xubilación digna.
- Porque as mulleres seguen a ser obxecto de agresións sexuais, na rúa, no lugar de traballo, de acoso, sen que se adopten medidas urxentes que garantan a súa integridade e contundentes contra os seus agresores.
- Porque de nada serve aprobar protocolos de prevención e actuación ante o acoso, ante a violencia machista, ou planes de igualdade de oportunidades se estes son baleiros de contido, se non identifican as discriminacións, se non mudan o status quo.
- Porque é urxente e necesario:
- facer efectivo o diálogo social, realizar plans de igualdade, así como adoptar medidas de acción positiva dirixidas a discriminación e a desigualdade no emprego;
- implantar medidas e políticas que garantan a efectiva corresponsabilidade entre mulleres e homes na repartición equitativa das responsabilidades familiares, que fagan posible compatibilizar o traballo e a vida familiar e social.
- a adopción de medidas necesaria para a erradicación da violencia de xénero, da violencia familiar e todas as formas de acoso sexual e acoso por razón de sexo.
- a aprobación e execución, como obriga a normativa en vigor, do Plan de Igualdade da Xunta de Galicia.
Pica na imaxe para descargar o comunicado |
Convócase
tamén para esixir a derrogación de todas as leis e reformas
lexislativas (reformas laborais, reforma das pensións, etc.), porque
se teñen demostrado que perpetúan a vulneración dos dereitos que
sofren as mulleres.
Neste
contexto esta Xunta de Persoal apoia todos os actos que se convoquen
na xornada de folga do 8 de Marzo e convoca a todas as traballadoras
e traballadores de servizos centrais a participar neles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario