ANTE AS AMEAZAS CONSTANTES ÁS NOSAS PENSIÓNS, MOBILIZATE COA CIG EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS. QUE NON NOS ROUBEN AS NOSAS PENSIÓNS !!!
A CIG convoca unha Manifestación Nacional o vindeiro sábado 28 de xaneiro en Santiago de Compostela en defensa do sistema público de pensións.
A marcha, que partirá da Alameda ás 12.00 horas, fai parte da campaña de mobilizacións deseñada pola central sindical co obxectivo de recuperar os dereitos laborais e sociais perdidos nos últimos anos.
Desde as comarcas disporemos de buses de balde, mais compre que te informes no local da CIG que teñas máis cercano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario