No DOG do 15/05/2024 publican a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP, antiga D.X. de Función Pública), pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.
Observación 1: neste momento NON se solicitan as prazas
Como xa chegan as primeiras consultas, lembramos ás persoas interesadas que inicialmente só presentarán a súa solicitude de participar no concurso de traslados, e que neste momento NON se solicitan postos, algo que será nun momento posterior, cando a DXEPAP publique un novo listado que conterá as vacantes publicadas nesta convocatoria xunto co listado das prazas das persoas que solicitaron participar no concurso, como "potenciais vacantes".
Observación 2: poden participar as persoas de escalas?
Este é o concurso de traslados que chamamos de "corpos xerais". Isto é, de postos de Administración xeral sen escalas. Os compañeiros e compañeiras que pertenzan a calquer escala (tanto de administración xeral como de administración especial), poderán participar soamente para optar a aqueles postos que a maiores de corpos xerais, tamén estean abertos a súa escala.
Poderán participar neste concurso: