Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 23 de outubro de 2024

Calendario laboral 2025: dous días moscosos a maiores e outros dous que non


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou en data 24/07/2024, unha vez aprobado polo Consello da Xunta, o calendario laboral de Galiza para o próximo ano 2025. 

A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, 9 son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (18 de abril), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro (este ano coincide en domingo e Galiza cambiao polo 17 de maio), 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. 

Ademais, outros tres festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (17 de abril) que Galiza non cambia tradicionalmente. E dáselle a opción ás comunidades entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. Sempre se elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galiza, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.

Pola súa banda, o Concello de Santiago de Compostela aprobou como festivos locais para 2025 os tradicionais da Ascensión e San Roque. No mes de novembro a Consellaría de Emprego publicou a totalidade de festivos locais galegos, vai de seguido, Resolución DOG Xoves, 14 de novembro de 2024 .

No 2025 haberá dous días de asuntos propios adicionais ao coincidir o día 1 de novembro e 6 de decembro en sábado. Porén, o 17 de maio e o 16 de agosto coinciden en sábado e non xeran día adicional a maiore, xa que só os xeran festivos de carácter nacional e non substituíbles, e estes últimos son substituíbles o primeiro e proposta da Xunta e o segundo o do Concello de Santiago de Compostela. 

Así mesmo, o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro poderá gozar de dous días adicionais de asuntos persoais. 

Estas potenciais incorporacións foron feitas a raíz do contundente recorte nos días de asuntos propios (e outros dereitos) no 2012. Inicialmente o persoal da Xunta tiñamos 9 días de asuntos propios ao ano pola lexislación autonómica e máis os días adicionais por antigüidade recoñecido polo EBEP. Lembramos que os días de asuntos propios foron compensacións pasadas de non subir o salario ante un IPC desbocado, dende o 2012 quedamos con 6 días de asuntos propios.  

Si queres descargar o calendario laboral de Santiago de Compostela para o ano 2025 pica na seguinte ligazón: Calendario laboral 2025

Ningún comentario:

Publicar un comentario