Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 2 de xuño de 2025

Máis atrancos para a xubilación anticipada con coeficientes redutores


Publicado o Real Decreto 402/2025 que regula o procedemento previo para determinar os supostos para xubilación anticipada mediante coeficientes redutores. 

Confírmase o recorte nas pensións ao non recoñecerse a xubilación anticipada nin garantirse os coeficientes nos traballos máis penosos. O novo Real Decreto recolle os criterios para que os traballadores de actividades penosas, perigosas ou insalubres teñan a posibilidade de acceder á xubilación anticipada, determina se ese colectivo ou actividade poderá ter dereito aos coeficientes redutores, pero non contempla un procedemento para a súa aplicación directa.   

Na perigosidade da actividade terase en conta a incidencia de baixas no colectivo tanto por continxencias comúns como por profesionais e sucesos graves con resultado de morte ou incapacidade permanente. 

Un procedemento previo e complexo 

O procedemento resulta extremadamente longo e difícil, consta de tres partes que son o inicio da solicitude, emisión de informes da Seguridade Social, do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e para persoal da Administración requírese tamén do Ministerio de Traballo e Administración Pública. Despois dun trámite de audiencia e alegacións remitirase a unha Comisión de avaliación que emitirá unha resolución do procedemento que permitirá iniciar o trámite de rebaixa da idade de xubilación. Sinala como mínimo seis meses unha vez iniciado e que de non conseguilo non se poderá iniciar outro en 4 anos. 

Estará disposta a nosa Administración a cotizar máis?

mércores, 28 de maio de 2025

As Consellarías de Medio Rural e Política Social e Igualdade denegan o permiso parental

 

O permiso parental de oito semanas, até que a/o menor cumpra oito anos, está regulado, agás polo de agora a súa retribución, e está incluído na carta de permisos do Portax

No Portal do empregado/a público da Administración da Xunta (PORTAX) aparece este permiso e está activo no apartado de solicitudes. Aínda que o Pórtax omite a información da normativa básica, pódese solicitar por semanas completas, cunha antelación de 15 días e até que o fillo ou filla cumpra 8 anos de idade. 

No Consorcio non o incluíron na carta de permisos, licenzas e vacacións no Portal da/o Empregada/o, que é a aplicación que  utilizamos para as solicitudes, polo que é descoñecido para grande parte do persoal e temos que solicitalo por fóra.

A Consellería de Política Social e Igualdade e a Consellería de Medio Rural denegan este permiso sistematicamente con diferentes “xustificacións xenéricas” que incluso se basean na falta de desenvolvemento regulamentario, e non dan opción a acordar novas datas como indica a norma cando hai problemas de necesidades do servizo: denégano e punto. Outra vez son as mesmas consellerías, xunto co Consorcio, as que máis maltratan ao persoal xa que sabemos que noutros departamentos poden gozar deste permiso sen problemas (eso sí, sen retribución). 


xoves, 15 de maio de 2025

«Por unha EGAP transparente e en Galego». Mobilízate o 15 de maio diante da EGAP!


Compañeira/Compañeiro:

O vindeiro xoves 15 de Maio imos facer unha CONCENTRACIÓN diante do edificio da EGAP en Fontiñas, Compostela.

Co lema «Por unha EGAP transparente e en Galego» esiximos a demisión da directora que, dende que entrou no posto, está a desmontar, literalmente, a institución. Á xa opacidade endémica uniuse o peche da biblioteca, a privatización de cursos, a dedocracia co profesorado, a falla de valoración das enquisas que realiza o alumnado, a baixada da calidade, a escaseza de cursos, sobre todo de linguaxe administrativa, a precaridade do persoal lingüista e, agora, a galegofobia.

Lembramos que o ano pasado directamente eliminou os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, e que non hai ningún tipo de fomento da lingua galega, cando estamos a ver que o castelán se está a converter na lingua de uso cotiá, non só nos órganos da EGAP, senón tamén na formación.

É importantísimo manter unha formación continua de calidade e na nosa lingua, na que todas teñamos oportunidade de acceder aos cursos cunha oferta suficiente e equilibrada para atender as diferentes necesidades do persoal empregado público.

Diñeiro para letrados/as e control político do IGE


A Presidencia da Xunta consumou un incremento retributivo para o seu persoal da escala de letrados/as e un cambio na estrutura para un mellor control político do Instituto Galego de Estatística. Estas medidas foron aprobadas na Comisión de Persoal do xoves 8 de maio de 2025, co voto en contra de CIG, abstención de CCOO e UGT, e voto favorable de CSIF.

Letrados/as

Non cuestionamos que o persoal funcionario da escala de Letrados/as da Presidencia da Xunta, teñan unha alta carga de traballo que xustifique unha mellora retributiva de 5.000 € anuais. E tamén concordamos en que vexan as súas retribucións homologadas cos equivalentes do Consello Consultivo de Galiza. O caso é que os letrados e letradas da Presidencia da Xunta de nivel 30 quedan cun Complemento Específico de 30.193,94 €/anuais, e os/as de nivel 28 quedan con 23.444,12 €/anuais.

Foi unha decisión imposta na Lei de orzamentos, sen negociar, que deixa fora a todo o resto do persoal, que vai con niveis dende o 10 ao 30, con retribucións brutas anuais dende os 20.000 ata os 60.000 €.

Tan só o incremento do complemento de específico (5.000 €) dos letrados e letradas de nivel 30, case iguala o total anual de específico que cobra un persoal funcionario de nivel 10 (uns 6.500 €/anuais).

A CIG non se opón a que se incrementen 5.000 € aos que máis cobran, pero tamén para os que menos. Queremos un incremento de 5.000 € brutos anuais de xeito lineal para todo o persoal ao servizo da Administración Autonómica de Galiza. Queremos unha revisión global das retribucións, cun incremento dos niveis mínimos, e un estudo do nivel que corresponde a cada posto axustado ás dificultades técnicas, dedicación, responsabilidade, quendas, etc.

Deslocalización de postos

mércores, 14 de maio de 2025

Situación do teletraballo na Xunta de Galicia: que está a suceder?


O teletraballo é unha modalidade de prestación de servizos que compre manter na nosa Administración, resultado da negociación colectiva na que se acadou o Acordo coa CIG en decembro de 2020. O obxectivo foi substituír ao “teletraballo da Covid” e que tivera a maior vocación de permanencia posible e, deste xeito quedou regulado na Orde do 14 decembro de 2020 pola que se publica o Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

Mais estes meses estamos a ver como en determinadas unidades tentaron limitar o teletraballo ou incluso chegaron a suxerir a idea de que non se ían conceder determinados días. Na CIG avisamos de que isto non se podía facer “as bravas” e que se tiña que seguir o procedemento establecido. Porén, quedamos preocupadas/os ante o aumento de manifestacións contra o teletraballo por parte de persoas que teñen responsabilidade na xestión do persoal en varios departamentos e centros directivos, polo que falamos coa Dirección Xeral de Emprego Público por se houbera cambios unilaterais por parte da Administración, cousa que non íamos admitir.

Entón, que hai de certo nos rumores sobre a deriva antiteletraballo?

martes, 6 de maio de 2025

Concentración da CIG 09/05 12:00h. diante de San Caetano por una vivenda digna

 

Este vindeiro venres 9 de maio as 12 horas temos unha concentración diante da Xunta de Galicia en San Caetano, por unha vivenda digna, dende a CIG entendemos que a vivenda é un dereito e non un negocio, non só o decimos dende a CIG se non tamen o pon a Constitución Española, por eso invitamoste a sair uns minutos e que te concentres con nos por unha vivenda digna e asequible para tod@s.


AS MENTIRAS DO PP de Galicia e as de ALTRI

 Agora vamos en serio falar de datos e de declaracións que fixeron tanto políticos do PP de Galicia e directivos de ALTRI para enganar e manipular á poboación de Galicia.

- A Planta de ALTRI abarca unha superficie e 366 hectáreas, dez veces máis que o terreo da planta de ENCE en Pontevedra. A celulosa de ALTRI vai instalar unha cheminea a de 75 metros de altura, consumirá cada ano 1,2 millóns de toneladas de eucalipto e cada día usará un máximo de 46.000 metros cúbicos de auga, o equivalente a todo o consumo da provincia de Lugo, logo devolverá o río Ulla 30.000 metros cúbicos de auga convenientemente tratada, ou sexa con unha porcentaxe alto de contaminantes de metais pesados e a unha temperatura 3 graos superior a do río, iso e o que din o dos 3 graos, porque e o máximo permitido na lexislación actual, ou sexa que van ser unha termas o río Ulla, con metais pesados e moi contaminantes para producir 400.000 toneladas anuais de celulosa e outras 200.000 toneladas de fibra téxtil.