Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 23 de setembro de 2019

A Xunta impulsa a apertura de escolas infantiles nas empresas (nos seus centros de traballo NON)

A bombo e prato anunciabase nos medios que a Xunta financiará o persoal coidador nos centros de traballos


A medida en si é boa e vai encamiñada a que as empresas destinen recursos á conciliación; neste caso adaptar un espazo habilitado na sede da empresa e a Xunta axudaría co custo de persoal. A medida está pensada para que as crianzas de ata 12 anos estén máis pretos das súas nais e pais. 

O problema é que a Xunta tería que solicitar tamén a axuda sendo ela mesma unha empresa, quizáis a que máis persoal conta de toda a Comunidade Autónoma. Actualmente só os edificios administrativos de Vigo e Pontevedra contan con escola infantil nas súas instalacións. É máis, a medida que a Xunta propón para as empresas (para ela non) abranguería crianzas ata a etapa de primaria, polo que cabería facer uso do servizo cando os colexios pechan.

En realidade, e no que respecta á Administración xeral, dada a coiuntura da media de idade, sería tamén apropiado centros de día para atender a persoas maiores dependentes.

Política de conciliación nefasta

A pesar de que a Xunta presume dunha boa política de conciliación en base a implantación da flexibilidade familiar e o teletraballo, a realidade é que estamos moi por detrás de moitas administracións públicas e mesmo empresas. A realidade é que as persoas con teletraballo non chegan ás 300 das 2.000 potenciais inciais (a pesar da implantación da Administración dixital) e, así como a flexibilidade familiar, moitas veces están condicionada por decisións arbitrarias.

Recentemente denunciábamos que metres na Administración xeral do Estado español ampliaban desde o 2015 o horario de verán ao persoal con crianzas menores de 12 anos, aquí meteron a partir do ano que vén só para ao persoal que teñan ao seu cargo persoas cunha discapacidade. 

Isto é un suma e segue doutras cuestións que vimos denunciando vai tempo, comoa falta de compensación da redución da xornada de verán para quen por motivos do posto non poida acollerse, obrigan a reducir a xornada (esta non pode negala) para o persoal que lle negan a flexibilidade, eliminación das axudas familiares do FAS, non hai comisións de servizo de conciliación como no Ensino, non queren implantar as 35h semanais como xa teñen en varias CCAA, nada de desenvolver a bolsa de horas positivas como xa teñen na AXE ou o deber insecusable de coidar das crianzas enfermas.

Facemos un chamamento á Xunta para que, cando de políticas de conciliación se trata, mire antes para a súa casa e trate de dar exemplo antes de sacar medidas para as empresas que ela non cumpre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario