Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 17 de outubro de 2025

Calendario laboral Compostela 2026: un día de moscosos a maiores e outro que non

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou en data 20/06/2025, unha vez aprobado polo Consello da Xunta, o calendario laboral de Galiza para o próximo ano 2026. 

A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, 9 son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (3 de abril), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro , 1 de novembro (este ano coincide en domingo e a Xunta de Galiza cambiao polo 19 de marzo San Xose), 6 de decembro (este ano coincide en domingo e a Xunta de Galiza cambiao polo 24 de xuño San Xoan), 8 de decembro e 25 de decembro. 

Ademais, outros tres festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (2 de abril) que Galiza non cambia tradicionalmente. E dáselle a opción ás comunidades entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. Sempre se elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galiza, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.

Pola súa banda, o Concello de Santiago de Compostela aprobou como festivos locais para 2026 a Ascensión e o martes de entroidoeste sustituindo a San Roque o coincidir en domingo. A Consellaría de Emprego publicou a totalidade de festivos locais para o ano 2026, Resolución DOG (a data de hoxe non se publicou) .

No ano 2026 haberá  un día de asuntos propios adicional ao coincidir o día 15 de agosto en sábado. Porén, o 25 de xullo coincide en sábado e non xera día adicional a maiores, xa que só os xeran festivos de carácter nacional e non substituíbles, e este e sustituble a proposta da Xunta de Galiza. 

Así mesmo, o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro poderá gozar de dous días adicionais de asuntos persoais. 

Estas potenciais incorporacións foron feitas a raíz do contundente recorte nos días de asuntos propios (e outros dereitos) no 2012. Inicialmente o persoal da Xunta tiñamos 9 días de asuntos propios ao ano pola lexislación autonómica e máis os días adicionais por antigüidade recoñecido polo EBEP. Lembramos que os días de asuntos propios foron compensacións pasadas de non subir o salario ante un IPC desbocado, dende o 2012 quedamos con 6 días de asuntos propios.  

Si queres descargar o calendario laboral de Santiago de Compostela para o ano 2026 pica na seguinte ligazón: Calendario laboral 2026

Ningún comentario:

Publicar un comentario