Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 7 de agosto de 2017

Resumo da Comisión de Persoal do 4/8/17

Imaxe de arquivo
Na Comisión de Persoal do 4 de agosto aprobáronse as modificacións das RPTs de Cultura e Educación e Medio Rural, a primeira co voto en contra de todas as centrais sindicais.

Tamén se aprobaron as convocatorias de varios procesos selectivos de promoción interna de persoal laboral con importantes cambios.

No punto de suxestións e preguntas, o director xeral da Función Pública achegou diversa información.


RPT Cultura e Educación
Non hai cambios respecto da Mesa Xeral. Aprobada co voto en contra dos catro sindicatos.


RPT Medio Rural
Non hai cambios respecto da Mesa Xeral. Aprobada co voto en contra de CIG, e coa abstención de CCOO, CSIF e UGT.


Procesos selectivos de promoción interna de persoal laboral
Nas catro bases retiran a caducidade dos cursos aos 10 anos e por tanto non caducan. Dan cumprimento así a unha das principais demandas da CIG.

A CIG explica que o seu voto está condicionado polos seguintes aspectos: as bases son da nosa satisfacción, e recoñecemos o traballo da subdirectora na negociación. Porén, a promoción interna vén condicionada pola OEP 2016. Recoñecemos que pode existir interese das traballadoras e traballadores na promoción interna ao grupo IV, pero non así ao grupo V. Lembramos que a promoción interna do grupo V é unha involución con respecto ao que dispón o V Convenio, xa que este xa lle permite ao persoal laboral cambiar de categoría dentro do seu grupo a través do concurso de traslados, mentres que con esta promoción interna do grupo V para cambiar de categoría vai ser necesario superar un exame.

Ao tempo mantemos a nosa demanda de que os procesos de acceso libre teñen que ser de persoal laboral, tal e como está aprobado na OEP 2016, e rexeitamos que agora os queiran sacar de peresoal funcionario. Expuxemos que isto ía xerar unha fonte de problemas, entre outros, que as escalas foron creadas no subgrupo C2 e pode haber persoal temporal do SPDCIF do grupo V que non teña a titulación académica necesaria (ESO) para acceder ao subgrupo C2, co que non tería posibilidade de acceder á oposición para ser  persoal fixo. Aparte de que a categoría 14 peón/oa defensa contra incendios forestais do grupo V quedou “fóra” das escalas creadas. Ainda así temos claro que o que agora votamos é a promoción interna, non o acceso libre.

Para os procesos selectivos do SPDCIF, comprométese o director xeral da Función Pública a localizar un manual que elaborara Medio Rural para unhas oposicións de hai anos, actualizalo e publicalo.

  • P.I. a IV-003 (auxiliar de enfermaría): CIG e CCOO: a favor. CSIF: en contra. UGT: absención
  • P.I. a IV-033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba): CIG: a favor. CCOO: abstención. CSIF e UGT: en contra.
  • P.I. a V-001 (Camareiro/a-limpador/a. Axudante/a cociña): CIG e CSIF: en contra. CCOO e UGT: a favor.
  • P.I. a V-14 (Bombeiro/a forestal), V-14A (Bombeiro/a forestal condutor), V-10B (Vixiante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e V-10C (Emisorista de defensa contra incendios forestais):CIG, CSIF e UGT: en contra. CCOO: abstención.

Axencia do Coñecemento da Saúde

Non hai cambios respecto da Mesa Xeral. Os catro sindicatos votan en contra. 


Adhesión de CCOO e CSIF ao acordo de persoal veterinario

CCOO e CSIF xustifican a súa petición porque se incorporou outro grupo de persoal veterinario (Consellería do Mar). CIG e UGT non teñen nada que dicir a favor ou en contra da integración, pero con este paso os outros sindicatos están a recoñecer que o acordo (que criticaron con dureza) non era tan malo.

Listas do Sergas para determinados chamamentos da Xunta
Máis información
CIG e CSIF en contra.
CCOO e UGT a favor.


Varios

  • Data de elección de destino de A1-P.I.: 8/9/2017.
  • Repetición do 2º exercicio de persoal delineante: 1/9/2017.
  • Comisión de seguimento de persoal veterinario: 8/9/2017.
  • Decreto de organización das escolas nautico-pesqueiras: alegacións ata o 6/9/2017.
  • Asistencia técnica na S.X. Igualdade con COGAMI: nega a súa existencia.
  • Plan antifraude en oficinas de emprego: en setembro-outubro entrarán máis de 100 persoas (agora tiñan 21). Serán chamamentos das listas.
  • Segunda actividade persoal SPDCIF: resolvéronse 8 solicitudes.
  • Xubilacións parciais: tramitáronse 775 solicitudes a 7/8/2017.
  • Prazas abertas á Administración local: informa o director xeral da Función Pública que teñen escrito da FEGAM de 2/5/2017 no que informan de que o Concello da Coruña ten abertas 101 prazas (dun total de 1999), o que supón o 5% do seu total. Excluíndo a policía local (sobre a que Función Pública non ten competencias), serían o 6,3%. Mentres tanto, na Administración Autonómica temos abertas á local 65 prazas. A CIG afirma que o que teñen abertas son case unicamente prazas de LD, e que estariamos dispostos a negociar algunhas prazas de concurso e non todas de LD, a fin de facilitar a mobilidade sen que sexa a dedo. O DXFP afirma que é algo que poderíamos negociar.
  • Cronograma oposicións:
    • As promocións internas de persoal laboral aprobadas nesta comisión de persoal serán convocadas en setembro.
    • Datos de procesos que negociaremos entre outubro/decembro do 2017, e as que quedarían para o 2018. Quedaron en enviar información por correo electrónico.
    • Afirma que todos os procesos de libre para os que existen novas escalas de persoal funcionario (antes persoal laboral) serán convocados como persoal funcionario. A CIG insiste en que esto non ten que ser así por imperativo legal, polo que insistimos en que se convoquen como persoal laboral. O director xeral di que esto xa está decidido e non vai ser materia de negociación. 
  • Solicitamos novamente o acordo entre Política Social e Sanidade para recoñecementos médicos do EVO => o director xeral: é un acordo entre as consellerías, e a elas temos que dirixirnos.
  • Informe da asesoría xurídica C2-Libre => o director xeral: recibírono onte. Na 1ª semana de setembro comunicarán a decisión tomada
  • Criterios da Oferta de Emprego: solicitamos ser oidos. -> O director xeral: xa recibiron o escrito de Madrid. Non indican prazo para alegacións. Respostarán en setembro.
  • Cobertura de persoal subalterno vacantes tras promoción interna: será seguindo o procedemento ordinario, a medida que o soliciten as consellerías...
  • Permutas entre persoal temporal/indefinido: a pesares de existir un acordo que o permite para docentes interinos, o director xeral afirma que é criterio de Facenda non permitir estas permutas en Administración, polo que non van retirar o recurso contra sentenza que da a razón a unha persoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario