Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 18 de xuño de 2018

Manifestate coa CIG: martes, 19 de xuño, ás 20 h. polos nosos dereitos

XA É HORA DE RECUPERAR OS NOSOS DEREITOS!! NA GALIZA EMPREGO SALARIOS E PENSIÓNS DIGNAS


Desde a CIG confiamos na inmensa forza da mobilización para avanzar na conquista dos dereitos. Por iso chamamos o 19 de xuño a unha xornada nacional de mobilización en todas as comarcas da nosa nación.

Na comarca da Compostela están prevista dúas MANIFESTACIÓNS con saída ás 20 horas das seguintes puntos:
  • Santiago: Praza Roxa
  • A Pobra do Caramiñal: Cantón da Leña
A caída do Goberno do PP, como consecuencia da aprobación da moción de censura, é para nós un primeiro paso. Confirma, ademais, que a nosa análise no momento de convocar a folga xeral era axeitada.

Somos conscientes de que foron os gobernos tanto do PSOE como do PP os causantes de moitas das reformas que padecemos, polo que esiximos un cambio inmediato nas políticas aplicadas ate agora e que pasa pola expresa derrogación das reformas laborais que nos empobreceron e nos precarizaron ao longo de todos este anos.

Segue a ser absolutamente necesario conseguir avances reais para as mulleres, defender as pensións públicas, derrogar a lei mordaza, rematar cos abusos da patronal, acabar coa privatización dos servizos públicos, impedir o retroceso nas liberdades e dereitos fundamentais.

En definitiva mobilizarnos para conquistar o dereito a vivir e traballar dignamente na nosa terra.


Difunde o evento no facebook:  https://www.facebook.com/events/1834394836592349/

Ningún comentario:

Publicar un comentario