No DOG do 4 de xuño publicanse os convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en decembro de 2017 e no primeiro cuadrimestre do 2018.
Entre todos estes convenios, volven a destacar 9 asinados co diferentes empresas editoras de xornais galegos "para a difusión das actividades desta consellería de interese para a cidadanía durante o ano 2018". O custo de tales convenios para as arcas públicas é de 313.000 €, a mesma cantidade que a semana pasada despilfarraba no mesmo gasto a Consellaría de Medio Rural. Nosoutros cremos que sería de máis "interese para a cidadanía" no global da Xunta que cubrirán as baixas nos centros de saúde ou destinaran máis prazas nas residencias de persoas maiores, por exemplo. E por suposto sería de maior beneficio para a liberdade de prensa.
No primeiro lugar do podium, coma sempre, atópase a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. que se leva un 48% do total dos cartos (149.899,12€), en segundo lugar co 20% (63.316,93 €) atópase Faro de Vigo, S.A.U. e coa medalla de bronce e un 8% (25.765,76€) do total está El Progreso de Lugo, S.L. Estrañamente, é o mesmo podio e as mesmas cantidades que na Consellaría de Medio Rural.
Ás axudas que xa se publicaban a comezos de ano van xuntándoselle, entre outras, estas en forma de "convenios de colaboración" das diferentes consellarías. Como xa temos denunciado, estes convenios aínda que legais resultan unha presunta fraude. No proceso non existe maior colaboración que a Xunta paga e o medio publica o que esta lle "suxire"; o cal semella máis ben un contrato de publicidade en toda regra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario