Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 30 de outubro de 2024

A Xunta aproba unha suba salarial de entre 4.156,32 a 10.195,36 €/ano para o 2025

Segundo recolle a DA 15ª (Medidas de homologación retributiva aplicables a determinadas escalas de persoal funcionario) do proxecto de Lei de Orzamentos


Trátase de acabar co agravio retributivo que se dá cos postos do Consello Consultivo e o Consello de Contas. A medida non afecta a todas as escalas de persoal funcionario e nin sequera comezan polas máis desfavorecidas. Só afecta aos niveles 28 e 30 das escalas de persoal letrado e de finanzas. Non hai como estar preto do poder e ter que dárlle sempre cobertura legal e financeira ás ocorrencias políticas máis diversas, para que se teñan en conta as prestensións lexítimas de melloras retributivas o resto do persoal da Xunta queda conxelado a espera do que diga o goberno central.

CE nivel 30 persoal letrado Consello Consultivo 29.316,00 €
CE nivel 30 persoal letrado Xunta 25.159,68 €
CE nivel 28A persoal letrado Xunta 19.120,64

Vaia por diante que non nos parece mal que se remate cos agravios retributivos entre postos similiares entre entes da mesma Administración ou cos órganos estatutarios da mesma Comunidade Autónoma. É máis, na Xunta urxe facermos un catálogo de postos cunha restruturación de niveis e de complementos específicos actualizados que se axusten a especial dificultade técnica, dedicación e responsabilidade, de cada posto entre outras circunstancias. E por suposto, homoxeneizar tamén outros dereitos con entes ou órganos, comezando polos que comparten o mesmo orzamento.

O que non é xusto é que para a mellora dalgunhas escalas sempren atopen diñeiro(véxase a suba do nivel base de persoal letrado ata o 28) e para a maioría nada ou case nada, con centos de reunións de comisións de seguimento e mesas xerais polo medio. Sabemos que na unidades nas que figuran estes postos hai moita carga de traballo pero igual o problema non se solventa subíndolle o soldo aos postos mellor retribuídos senón reforzando o cadro de persoal, non só de escala específica, senón tamén de corpos xerais.

Defendamos a unidade de clase, todas e todos somos empregados públicos nesta empresa, o noso traballo é igulamente necesario e digno e temos dereito ao mesmo trato negocial. E por suposto todas temos dereito a unhas retibucións xustas, non inferiores a outros entes ou órganos do mesmo orzamento e por suposto, como mínimo, a non perder poder adquisitivo. O que non pode ser é esta ensalada de postos con complementos que se van negociando ad hoc sen ningún tipo de control negocial nin planificación racional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario