Despois de solicitarllo, a Xunta segue sen achegarnos o dato clave que falta: o número de prazas vacantes que se xeraron na fase de resultas do concurso.
Na última mesa anunciaron que nos convocarían para dar unha explicación técnica sobre como van ordenar os procesos para evitar o problema de que puidesen quedar sen prazas para algúns corpos, pero polo de agora nin nos chamaron nin nos facilitaron os datos.
Cos datos aos que podemos acceder EXISTE un problema evidente: hai 376 persoas do subgrupo A1 que teñen que tomar posesión e hai, no mellor dos casos, e non vai ser así, 378 prazas sobrantes do concurso abertas ao A1. E se sumamos a promoción interna de 2023 (da que non sabemos cantas persoas van ter que escoller posto), a cousa vaise complicar bastante.
Isto é resultado da falta de planificación, de retirar alegremente prazas do concurso (lembremos as 200 retiradas, gran parte delas das oficinas de emprego), etc.
Para algún sindicato isto é unha mensaxe “apocalíptica”. Nós intentamos, primeiro, buscar explicacións, e segundo, buscar solucións. O que non facemos é mirar para outro lado.
As primeiras medidas que parece querer tomar a Xunta son facer dous bloques cos actos de elección de destino e non incluír en ningún deles as persoas da última promoción interna, o cal lles vai supoñer unha perda de dereitos, e aínda así vai seguir habendo problemas.
O que temos claro é que, se non hai postos dabondo, o que hai que facer en primeiro lugar é CREALOS, cousa que a Xunta xa ten feito noutros casos análogos este mesmo ano. E se así non chegan, haberá que buscar outras fórmulas alternativas, porque se non, como van facer coas promocións do bloque 2 e coa última promoción interna?
Cos datos que puidemos recompilar ata o de agora a situación é a seguinte:
Persoas pendentes de destino definitivo (a orde das promocións dentro dos bloques, e coa que non estamos de acordo, é a que comentou a DXEP na mesa xeral do 14 de abril)
*Na promoción interna de 2023 o reflectido é o número de persoas aprobadas, non ó número de persoas que terían que elixir destino.
Postos non adxudicados no concurso

Vendo isto, calquera persoa pode deducir que, sen ser "apocalípticos”, hai un problema. Dos 1.287 postos non asignados en resultas, aínda que non se nos achegan os datos, pódese intuír que gran parte deles non foron asignados porque ou ao titular non lle deron o posto desexado no concurso, ou renunciou. Sería o caso das 96 seccións e 241 negociados das 7 grandes cidades que non se asignaron en resultas e, por tanto, non quedaron vacantes.
Por todo isto esixímoslle á Xunta que achegue os datos e que nos convoque XA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario